Publicidade 100% galegas
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 23 de Maio de 2013
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Talleres de masaxes, aromaterapia, música, risoterapia ou cociña en Os Sabactivos


Ludoteca Municipal

A concelleira de Xuventude e Benestar Social, María López, anunciou esta mañá que o Concello de Ferrol retomará este sábado o programa municipal Os Sabactivos. Dirixido aos nenos e nenas de 3 a 12 anos, ofrecerá todos os sábados talleres de ocio didáctico con custe cero para as familias. Precisamente, o goberno local poñía en marcha este proxecto hai xa tres anos co ánimo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral nos fogares da cidade. Así as cousas, dende esta semana e en horario de 10 a 14 horas, os máis pequenos da casa poderán acudir á Ludoteca Municipal ubicada no Cantón de Molíns e participar nunha serie de talleres: xogos populares, deportes alternativos, arte e manualidades, teatro e xogos dramáticos, masaxes, relaxación con aromaterapia, musicoterapia, risolandia, canta-baila ou xornalismo. Así mesmo, e entre as novidades desta edición, os nenos e nenas elaborarán eles mesmos un almorzo saudable que degustarán a media mañá.

Sociedade02/02/2011Autor: Redacción

Doutra banda, María López explicou tamén que o Concello quería nesta ocasión vincular as actividades ás datas conmemorativas marcadas no calendario nos próximos meses e, deste xeito, se planificaron accións temáticas. Así, en febreiro e marzo, con motivo do Día da Muller Traballadora e do Entroido, os nenos e nenas participarán en actividades que fomenten a igualdade entre sexos e elaborarán disfraces. En abril e por mor do Día Mundial da Saúde e do Libro e a Propiedade Intelectual, reservarase espazo para accións vinculadas coa educación para a saúde e de animación á lectura. En maio, co gallo do Día da Diversidade Cultural, dedicaranse as horas a coñecer e xogar cos Nenos do Mundo e, en xuño, no Día Mundial do Medio Ambiente, levaranse a cabo actividades de sensibilización. 

Por último, a concelleira de Xuventude apuntou que para participar no programa non é preciso inscrición previa. Basta con presentarse na Ludoteca Municipal ás 10 horas, xa que deste xeito se evita precisamente que se reserven prazas e logo non se cubran no día da actividade, quedando fóra outros nenos e nenas. Así, lembrou que o cupo está en 45. Concluíndo, María López fixo un chamamento á cidadanía para que participe de novo neste programa municipal gratuíto. 


Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Quen son os culpabeis da crise económica?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros