Preescolar na casa é un espazo educativo que quere chegar a todas as familias galegas, para acompañalas na apaixonante e complicada tarefa de educar ós seus fillos.
Nun esforzo conxunto a Fundación Preescolar na Casa, a Fundación TIC (Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación) e Radiofusión apostan por un tempo educativo na radio.
Trátase dun espazo diario, duns 8 minutos de duración no que se tocarán moitos dos temas referentes aos nenos, ás familias e á educación. O espazo emítese en dous horarios, ás 17:50 e ás 20:50 de luns a venres. Pequenas pílulas educativas que esperamos que sexan do agrado e do interese da audiencia.
Estes espazos pódense escoitar en directo a través da rede de emisoras municipais galegas, e tamén a través de internet neste enlace, ademais de poder descargarse en formato mp.
Con este programa, Preescolar na Casa pretende:
- Apoiar e animar ós pais no ámbito da súa formación en educación infantil, reforzando os seus coñecementos e contribuíndo a que se anticipen ao que pode suceder dentro do desenvolvemento evolutivo dos seus nenos.
- Reforzar a tarefa de orientación.
- Divulgar e servirlle de canle á cultura popular galega e, especialmente, ao idioma galego.
- Servir de medio para valorar o rural galego e axudar a que este conserve a súa dignidade.
- Favorecer o entendemento e a comunicación non só entre a familia, senón mesmo na comunidade onde esta vive e na súa relación con outras forzas sociais.
- Involucrar a todos os membros da familia na educación dos nenos e nenas.
- Fomentar valores como o respecto aos demais e ao medio onde viven.
- Alegrar, divertir, entreter.
Conducen o programa Enriqueta Alonso, Juan Antonio Pinto e José Ramón Gallego.
Visita a Páxina web da Fundación Preescolar na Casa
Descarga os programas de Preescolar na casa en Radiofusión aquí: Opción 1 ou Opción 2