Envía a túa opinión
“A reforma laboral do goberno responde a unha política de dereitas” segundo Comisións Obreiras e UXT. Os dirixentes dos sindicatos Ramón Górriz e Toni Ferrer participaron esta mañá en Ferrol nun acto preparatorio da folga xeral do 29 de setembro. Górriz e Ferrer sinalaron que coa reforma da lexislación laboral hai motivos de peso para convocar o paro. ”O futuro non está escrito e os traballadores sabemos que non cabe a resignación. Non é verdade que esta sexa a única política posible e o 29 de setembro pelexaremos contra o recurte de dereitos. Sempre que se celebrou unha folga xeral aumentou o gasto social” destacaron.
Envía a túa opinión
A Feira Marítima do concello de Fene comezaron xa a primeira hora da tarde coa viaxe en lancha polas rías de Ferrol e Ares. Este paseo en barco inclúe o xantar a base de productos da ría como a pescada, vieiras e mexillóns. Dende o concello consideran un éxito esta iniciativa, xa que se satisfizo o número mínimo de participantes, arredor de 50.
Envía a túa opinión
O Punto limpo do concello de ferrol recibiu máis de 10000 kg de residuos durante o mes de xullo. Unha nova marca histórica para estas instalacións, que están operativas dende o 2007. no mes de xullo déronse de alta neste servizo máis de 160 usuarios, polo que o número total de ferroláns que forman parte deste servizo ascende a case 5500.
Envía a túa opinión
Mañán cúmprense 5 anos do pasamento de Pancho Allegue, militante nacionalista e concelleiro do BNG. Tanto compañeiros de partido, como amigos queren lembralo nesta data e para iso o Bloque e Galiza Nova convocan ós veciños e veciñas a unha concentración nas proximidades do monumento que lembra a súa figura, no Parque Castelao.
Envía a túa opinión
As embarcacións tradicionais comezaron xa esta mañá a arribar ao porto de Ferrol. Ao longo de todo o dia, botes polbeiros, trincados, etcétera chegarán a Curuxeiras. O Club do Mar organiza esta XIX Xuntanza que se inaugura oficialmente mañá sábado ás 11 da mañá.