Publicidade 100% galegas
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 19 de Xuño de 2013

Emisoras > Radio Monforte

Información da emisora Novas da emisora

Cartel colgado nun instituto de Lugo

10 en Relixión

Sociedade 29/05/2013
  Envía a túa opinión

"Descarado, superando a ética, a decencia e a legalidade". Atopámonos con profesorado de Relixión que fai todo o posíbel por ter un maior número de estudantes matriculados e, para iso, todo vale. Quen denuncia esta situación son os Comités, ao toparse cun cartel promotor da clase de relixión nun instituto de Lugo. Non só promove a Relixión senón que promete 10s de nota. Onde está a laicidade do ensino público? se preguntan os opositores á LOMCE, mentras critican a eliminación da Educación para a cidadanía.


Mariano Rajoy

Rajoy recortará en 69 euros ao mes a nómina dos empregados públicos

Sociedade 21/05/2013
  Envía a túa opinión

O Goberno aplicará nos anos 2014 e 2015 unha redución media de 69 euros mensuais do salario dos empregados da administración local. A cifra sae do reparto do aforro cifrado polo Ministerio de Facenda en 870 millóns de euros, entre os máis de 500.000 funcionarios e traballadores dos Concellos. O axuste recaerá sobre os complementos específicos, cantidade que perciben os empregados públicios en función do destino, horario e outros criterios.


Os tractores circularán o domingo 24

Os tractores peregrinan polo Camiño Real

Sociedade 20/02/2013
  Envía a túa opinión

A Deputación de Lugo impulsa as rutas xacobeas da provincia coa peregrinación de tractores polo Camiño Real este domingo. A institución elaborou o material informativo desta iniciativa, sumando esforzos cos colectivos organizadores para recuperar esta ruta xacobea e promocionar os recursos agrónomos, culturais e turísticos, que se inclúen no seu itinerario. A colaboración do organismo provincial enmárcase na súa aposta pola promoción dos máis de 800 quilómetros de rutas xacobeas que discorren por Lugo, potenciando todos os seus Camiños, co obxectivo de xerar riqueza. A Peregrinaxe de Tractores Clásicos polo Camiño Real do domingo, Peregrinación Marítima pola Costa de Lugo, Km0 a Compostela, Km0 Balnearios no Camiño e as publicacións Rutas a Santiago polo provincia de Lugo e Camiño do Mar, corroboran o compromiso, segundo o goberno provincial . 


Alfonso Villares

A Fegamp denuncia irregularidades nas facturas eléctricas dos concellos

Sociedade 05/02/2013
  Envía a túa opinión

A Fegamp denunciou hoxe a existencia de irregularidades xeneralizadas na facturación eléctrica dos concellos de Galicia, despois de expor unha consulta aos 315 municipios da comunidade. Segundo explicou en rolda de prensa o vicepresidente executivo e alcalde de Cervo, Alfonso Villares, “trátase dun problema xeneralizado e no que hai situacións comúns relacionadas cunha facturación moi deficiente”. A Fegamp remitiu a finais de 2012 unha carta a todos os municipios galegos, co fin de coñecer de primeira man e en detalle todas as incidencias existentes coas eléctricas. “O resultado confirma as nosas sospeitas”, indicou Villares.


Acto da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública

A sanidade e a comunicación no Foro Social de Monforte

Sociedade 27/11/2011
  Envía a túa opinión

A exitosa experiencia da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, en defensa dos servizos e da xestión autónoma do Hospital comarcal, serviu de exemplo na primeira sesión do Foro Social de Monforte, que se celebra esta fin de semana no Instituto Río Cabe. Distintos xornalistas explicaron experiencias de comunicación e reclamaron a necesidade dun maior pluralismo dos medios. Tamén demandaron o papel do xornalista como "mediador" e reivindicaron a propiedade da información para a cidadanía, e non para os empresarios dos medios.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros