Envía a túa opinión
O Concello de Ordes ven de facer público o seu programa de actividades de cara á celebración da festividade do Entroido. Nesta ocasión a primeira das citas terá lugar o martes 11 de febreiro, data especialmente pensada para os nenos e nenas. A Tarde de entroidada dará comenzo a partir das 16.30 horas na Alameda, espazo onde se levarán a cabo obradoiros de maquillaxe, chapas, globoflexia e máscaras. Ata as 19.30 celebrarase unha gran festa con animación de rúa, xogos colectivos e moitas máis sorpresas. No caso de que chova a organización ten previsto trasladar todas estas actividades ao pavillón Campomaior.
Envía a túa opinión
Que o Concello de Ordes é terra de bos músicos é algo indiscutible dado o nutrido número de grupos e artistas que ocupan un lugar destacado no panorama musical da nosa terra. Pero a todos eles hai que engadir un novo nome que pouco a pouco estase a facer popular máis aló da liña que marca os límites do municipio, o de Tania Veiras. Esta rapaza oriunda de Beán está a ser unha das favoritas do novo concurso musical Recantos emitido polo programa musical máis lonxevo de todo o panorama televisivo, o Luar de Xosé Ramón Gayoso. Gracias a elo milleiros de galegos que cada venres pola noite se sentan diante dos seus televisores e sintonizan a TVG xa saben quen é a que, pouco a pouco, empeza a ser coñecida como a 'Voz de Ordes'. “Non lembro exactamente cando me entrou o gusanillo disto da música pero sí sei que dende pequeniña xa canto”, asegura.
Envía a túa opinión
O Segundo Encontro de “Vozes Contra a Violencia” organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrarase no Pub “Ultramarinos” de Santiago de Compostela. As voces oiranse na noite do día 29 de novembro, ás 21.30 horas.
Esas voces contarán coas poetas:
Iolanda Aldrei
Rosa Henriquez
José Manuel Barbosa
Ro Palomera
Concha Rousia
Envía a túa opinión
Os tres sindicatos agrarios galegos anunciaron unha nova mobilización para o 4 de outubro e actos de protesta a vindeira semana en Lugo e A Coruña. Afirman que están afogados e que a Administración non lles achega ningunha solución. Piden ao Goberno que faga inspeccións para evitar fraudes e abusos nas cadeas de distribución e aos consumidores que merquen leite galego de calidade. Segundo o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, se un supermercado vende o litro de leite a menos de 50 céntimos é porque ou non é de calidade ou aprovéitanse dos gandeiros e citou como exemplo a Gadis.
Envía a túa opinión
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o alcalde do concello de Ames, Santiago Amor Barreiro, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a xestión do servizo de comedor en cinco centros escolares do concello. Así para o curso 2012-2013 a Consellería achegará 60.000 euros para a xestión do servizo complementario dos comedores nos CEIP A Maía, Agro do Muíño e de Barouta; o CEP de Ventín e o EEI do Milladoiro, dando servizo a máis de mil usuarios. esta achega será transferida ao concello de Ames desde a Xunta unha vez que os primeiros xustifiquen os correspondentes gastos.