Envía a túa opinión
Uns 300 gandeiros chairegos bloquearon a entrada principal da Industria Láctea Lactalis en Vilalba como xeito de protestar pola actual situación de control dos prezos por parte de tres industrias en Galicia, a citada Lactalis, Leite Río e Leche Celta. Esta é a primeira das mobilizacións promovidas polas tres centrais sindicais galegas, o Sindicato Labrego Galego (SLG), Xóvenes Agricultores (XX.AA.) e Unións Agrarias (UU.AA.) nesta semana e que continuarán mañá na sede de Leite Río no Polígono de O Ceao en Lugo. O peche en torno á planta vilalbesa continuará durante todo o día e a noite de hoxe, 8 de setembro.
Envía a túa opinión
O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, propuxo ós alcaldes e técnicos municipais da provincia un pacto para crear 540 empregos nas profesións consideradas “con máis futuro”. O proxecto conta cun orzamento de 4 millóns de euros, financiados pola Deputación nun 20% e o Fondo Social Europeo no 80% restante.
Envía a túa opinión
A xira que a pianista xaponesa Mine Kawakami protagonizou este verán en Galicia chegará á súa fin mañá domingo na cidade de Lugo, onde ofrecerá un concerto gratuíto a partir das dez da noite na Praza de Santa María. As actuacións de Kawakami -quen pasou nas últimas semanas por Santiago, Pontevedra e Ourense- están enmarcadas dentro da programación do Camiño da Música do Xacobeo 2010.
Envía a túa opinión
O fenés Pablo Bouza recibiu, por segundo ano consecutivo, o primeiro premio do Certame Literario de Vilalba, que organiza o Concello chairego e que está dotado con 3.000 euros. O seu poemario “Na intimidade do Azuoure” foi o elixido por parte do xurada desta XXXVI edición, e que estivo formado polo concelleiro de Cultura vilalbés, José María Leira Boado; o membro da Real Academia da Lingua Española, Darío Villanueva; Xosé Carlos Rodríguez; Fidel Fernández; director de Radio Principal e o xornalista Xulio Xiz. O segundo premio, dotado con 1.000 euros, foi a parar á obra “Nos labirintos da alma” do vilalbés Martiño Maseda de Vilalba.
Envía a túa opinión
Os asistentes ao Festival Independente de Vilalba (FIV) vivirán baixo a luz fucsia un dos eventos musicais do verán lucense. A partir das 22 horas do vindeiro sábado 21 de agosto, a praza da Constitución tinguirá a súa cara e a carpa do concerto desta cor como xeito de crear unha imaxe corporativa e que a música de Love of Lesbian, Estereotypo Zentricc, os londinienses Eat More Cake e Zinc So! Teña un carácter especial.