Publicidade 100% galegas
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 23 de Maio de 2013

Emisoras > Radio Burela

Información da emisora Novas da emisora

Constructores de barcos de Foz

Os constructores de barcos de Foz

Sociedade 19/05/2013
  Envía a túa opinión

O porto de Foz ou do Masma era no século XII un dos únicos portos da cornisa cantábrica con tráfico internacional, integrado nas rutas entre Inglaterra, Flandes e Portugal. No século XV xa se testemuña a existencia na vila dun dos estaleiros máis importantes e activos de Galicia. A pesca da balea era a actividade principal dos habitantes da zona, segundo a historiadora Elisa Ferreira.


O antigo proxectil recuperado

A Armada neutraliza un proxectil na costa asturiana

Sociedade 25/04/2013
  Envía a túa opinión

Mergulladores da Armada neutralizaron un antigo proxectil na costa de Xixón. O artefacto achado atopábase mergullado nunha poza a 1,5 metros de profundidade, situada ao pé dun cantil. O pasado xoves, 19 de abril, a Comandancia Naval de Xixón recibiu a noticia do achado do proxectil nos arredores de Xixón, na  zona costeira coñecida como “La Providencia”. A causa do difícil acceso á zona e da necesidade de operar en baixamar e con ondas inferiores a un metro, fixouse a data da neutralización para onte, día 24 de abril.


Cartaz do Videoforum

Madame Curie e Clara Campoamor fixeron historia

Sociedade 10/04/2013
  Envía a túa opinión

O Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta, como novidade na súa programación para esta primavera, o I Video-forum Rachando moldes. Mulleres que fixeron historia, unha cita que pretende achegar mediante o cinema á cidadanía mariñá a historia de diversas mulleres que rachando os moldes da época, rachando coas normas impostas polo patriarcado, foron quen de facerse un oco na historia. Historias de mulleres e mulleres que fixeron historia. A primeira edición do video-forum Rachando moldes. Mulleres que fixeron historia, comezará ás 20.00h o próximo xoves 11 de abril na Casa da Cultura de Burela e se prolongará durante catro xoves consecutivos. Conta cunha carteleira de películas moi diversas e heteroxéneas que dará a posibilidade de coñecer a mulleres de diferentes ámbitos como as ciencias, a literatura, a política ou a arte.


Cartel crítico da Plataforma na Defensa da Sanidade

A Xunta publica o decreto que forzará aos pacientes da Mariña a tratarse en Lugo

Sociedade 05/04/2013
  Envía a túa opinión

Compromiso incumprido. Primeiro foron as promesas e logo as escusas, mais finalmente a Xunta vén de adoptar a decisión que temían decenas de miles de veciños da comarca lucense da Mariña. A través do Diario Oficial de Galicia, o Goberno galego decretou hoxe a subordinación do Hospital da Costa de Burela ao centro sanitario da capital provincial, o Hospital Universitario Lucus Augusti. Así as cousas, e malia as teimudas negativas anteriores, o Sergas declara o sometemento do hospital mariñán á xestión de Lugo e, xa que logo, forzará aos pacientes do Norte da provincia a realizar un traxecto de aproximadamente hora e media para poderen recibir a asistencia médica da que gozaban na súa contorna. A Plataforma na Defensa da Sanidade da Mariña respondeu que a decisión adoptada pola Xunta supón “a consumación dunha traizón anunciada dende fai tres anos”.


Porto de Malpica

Nufraga o Siempre Diana perto de Malpica

Sociedade 04/04/2013
  Envía a túa opinión

Rescatados os 4 tripulantes do pesqueiro "Siempre Diana" volcado a unha milla de Malpica. Outro pesqueiro que estaba nas inmediacións do naufraxio rescatóunos en aparente bo estado de saúde.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -
Publicidade

Axenda

Enquisa

Quen son os culpabeis da crise económica?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros