Envía a túa opinión
Un camión cargado con 25.000 litros de combustible envorcou na autoestrada A Coruña Madrid ao seu paso pola localidade lucense de Begonte, caendo sobre a superficie dunha área de servizo, polo que non existe risco de contaminación pola carga.
Envía a túa opinión
A planta de Biomasa Forestal das Pontes iniciou xa a súa fase de probas de cara a introducirse no mercado no vindeiro ano. A súa produción basearase na creación de combustible para caldeiras que se destinará a mercados do norte de Europa.
Envía a túa opinión
As cabanas xa están preparadas e o Eume agarda polos visitantes. Chega a Festa da Fraga ás Pontes, unha tradicional romaría que se remonta a 1904. Esta noite celebrarase o Nabiza Rock cunha mestura entre grupos profesionais e afeccionados da vila. Mañá continúan os concertos co Festival Folk e o domingo chega o gran día no que a troula e a música será as protagonistas da xornada.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
“Vai ser complicado contar cunha fauna estable na lagoa artificial das Pontes, segundo o xefe da estación hidrobiolóxica da Universidade de Santiago de Compostela Rufino Vieira. O biólogo achegouse a Maniños (Fene A Coruña) e ofreceu unha charla dentro das Xornadas organizadas pola Asociación Etnográfica e da Natureza Amigos do Rio Baa. Actividade rematará esta tarde de sábado cunha churrascada no muiño de Emiliano.

1 comentario/s - Envía a túa opinión
A inauguración da vivenda bioclimática que se atopa dentro do Parque Experimental Sotavento, situado na parroquia de Momán, en Xermade, serviu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo para anunciar o novo Plan enerxético estratéxico de Galicia 2010-2015, co que o executivo galego pretende conseguir un “aforro enerxético nos próximos cinco anos de 1.000 millóns de euros no que a enerxía se refire. O presidetne galego admitiu un investimento inicial de “1.200 millóns de euros para conseguir este aforro de 1.000 e continuar despois de ter realizado a inversión”. Ademais, tamén adiantou a concesión de 3.300 megavatios eólicos que estarán operativos “a finais deste ano”.