Envía a túa opinión
O Plano Director de Acuicultura (PDA) é o instrumento legal que vai permitir á patronal do peixe plano asaltar a Rede Natura, comezando por Touriñán. Así o aseguran desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega). Os seus responsables afirman que toda a costa é suscetible de albergar piscifatorías, xa que non hai zonas de exclusión e a planificación resposta unicamente ás necesidades da industria e non as características e valores do medio receptor.
Envía a túa opinión
Dentro dos actos do Ciclo Cunqueiro Estación Mondoñedo que diseñou aCentral Folque na honra desta figura universal da literatura galega, mañá, desenvolverase o mercado poético "Untares galegos" de Marina Oural e Estíbaliz Espinosa. Esta Performance poético-gastronómica das dúas rapsodas galegas da beira de Lourenzá celebrarase no Mercado Municipal da Praza de Abastos de Mondoñedo desde as 12:00 do mediodía ata as 14:00 horas. Haberá un posto diferente, donde a poesía, a palabra e o canto estreitan a man con outros produtos básicos que se converten en complementarios. Ao pé da rúa, na praza, a poesia está en todas partes só hai que permitirse mirala.
Envía a túa opinión
Preto de 300 veciños da provincia farán esta semana 6 rutas no marco do programa medioambiental Km0 da Deputación, unha iniciativa que contribúe a dinamizar os sectores turístico e hostaleiro da provincia, pois os participantes, ademais de gozar coa riqueza cultural e patrimonial dos Concellos que visitan, paran a repoñer forzas en diversos establecementos. Nesta ocasión, os itinerarios discorren por Sober, Lugo, Ribadeo e Cervo.
Envía a túa opinión
A defensa do “urbanismo legal” e do “urbanismo real” confrontáronse nesta xornada no Parlamento de Galicia. A plataforma ecoloxista ADEGA canda o movemento “Máis talento, menos cemento” mobilizáronse ás portas do Pazo do Hórreo coincidindo co debate dunha proposición non de lei que instaba á Xunta a denunciar o convenio urbanístico de Barreiros, o pequeno municipio da Mariña lucense de pouco máis de 3.000 habitantes e no que o Concello outorgara licenzas en solo urbano non consolidado para a construción de máis de 5.000 vivendas. O Goberno actual retirou os preitos formulados polo bipartito contra a macrourbanización e deulle o visto bo a un Plan Sectorial que contempla un investimento de 14 millóns de euros para fornecer de servizos ás vivendas que foran declaradas ilegais. O conselleiro de Territorio, Agustín Hernández, xustificar a marcha atrás cualificando a política urbanística anterior de “academicista” e a súa de “real”. Isto para ADEGA equivale a “inseguridade xurídica, arbitrariedade, desfeita ambiental e corrupción”.
Envía a túa opinión
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) convida á cidadanía á concentración, que se desenvolverá mañá marte ás 10:30 h fronte ao Parlamento de Galiza, para defender o "urbanismo legal"" fronte ao "urbanismo real", (isto é a corrupción, o amiguismo e a arbitrariedade) de Hernández e Feijóo, denuncian dende ADEGA. Durante a mañá, e logo do debate da proposición no Parlamento á que asistirán en directo representantes de ADEGA e "Máis talento, memos cemento", informarán das súas queixas aos medios de comunicación.