Publicidade 100% galegas
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 25 de Maio de 2013

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Xesús Alonso Montero

Alonso Montero adianta un posible recurso contra a Lei Wert

Sociedade 21/05/2013
  Envía a túa opinión

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, mostrouse "partidario" dos recursos anunciados por Euskadi e Cataluña contra a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce), unha norma que en conxunto non lle gusta "nada". "Hai que situarse ante calquera disposición, veña de onde veña, que nós entendamos que merma os dereitos da lingua galega", considerou no transcurso dunha visita ao Parlamento de Galicia.


Xan Martínez da Cooperativa A Xoaniña

Palestras en Ourense polo aniversario do 15 M

Sociedade 02/05/2013
  Envía a túa opinión

O Membro fundador de “A Xoaniña, Cooperativa de Consumo Responsable” de Ferrol, Xan Martínez, participa  hoxe, 2 de maio ás 8 da tarde, no II Ciclo de palestras “Creando Alternativas” co que Asemblea Aberta Ourense conmemora o segundo aniversario do 15M.  Xunto con Víctor Barro, falarán de Consumo e Economía Social, no Salón Noble do Liceo de Ourense. Abordarán o Consumo responsable: a súa importancia como motor da xustiza social e Cooperativismo e economía social: a súa implicación como modelo de desenvolvemento e como ferramenta contra a deslocalización do capital. 


Pachi Vázquez no Comité Nacional do PSdeG

Os socialistas elexirán secretario xeral o 1 de xuño

Sociedade 03/03/2013
  Envía a túa opinión

O Comité Nacional do PSdeG - PSOE decidiu convocar unha consulta á militancia para o 1 de xuño sobre a persoa que debe ocupar a secretaría xeral do partido. Un congreso extraordinario, marcado para o 6 de xullo, respaldaría, segundo o marcado nos Estatutos socialistas, a decisión da militancia. Queda no ár, se a executiva federal socialista aceitará esta fórmula.


A cura termal é moi seguida en Galiza

As patoloxías dos balnearios galegos, a estudo.

Sociedade 25/02/2013
  Envía a túa opinión

A Cátedra de Hidroloxía Médica da USC e Balnearios de Galicia traballa nunha base de datos de pacientes que reciben tratamentos en instalacións termais. Trátase de coñecer as principais patoloxías que se atenden neste eido e os procedementos terapéuticos que se aplican. A Cátedra forma cada ano a máis dun centenar de futuros médicos expertos en hidroloxía médica.  A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia leva dende 2009 formando a futuros médicos neste eido, algo máis dun centenar cada curso. Ademais das clases teóricas, os alumnos teñen a oportunidade de realizar prácticas en balnearios, o que lles permite coñecer como os facultativos dos establecementos termais aplican diferentes técnicas para o tratamento de enfermidades e doenzas diversas.


Unidade móbil do Roadshow Movistar

Segunda fase do Roadshow Movistar Galicia

Sociedade 14/01/2013
  Envía a túa opinión

A a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) de Galicia e Movistar presentaron hoxe en Santiago de Compostela o percorrido e as características da segunda fase do Roadshow Movistar Galicia, un aula móbil que visitará durante os vindeiros 4 meses, 82 municipios galegos co obxectivo de trasladar as vantaxes de Internet á poboación do rural beneficiada polo Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros