Envía a túa opinión
Mariano Rajoy garantiu esta mañá en Soutomaior que os populares se oporán a «todo o que sexa malo para España». Indicou tamén que de aquí ás eleccións xerais «o groso do traballo» do partido que encabeza consistirá en «achegar ideas para o futuro» e «se o Goberno as quere, teraas».
Envía a túa opinión
O Monte do Faro de Laceiras, en Carballeda de Avia, acolle mañá domingo unha das tradicións máis arraigadas e populares da nosa terra, os curros. Cun importante atractivo turístico e económico, o XXI Curro – Festa do Cabalo de Laceiras marcará un ano máis a uns 300 cabalos salvaxes, que sobreviven á crueldade do inverno e aos ataques do lobo das comarcas de O Ribeiro e Paradanta, segundo comentou en Radiofusión o presidente da Comunidade de Montes de Laceiras, Albino Méndez.
Envía a túa opinión
O primeiro Festival Folk de Vigo xa está en marcha. O proxecto nace da revista Sons da Galiza co obxectivo de apostar pola consecución dun festival permanente de música tradicional na cidade olívica. Segundo comentou en Radiofusión o organizador da cita, Óscar Martínez, tamén procura servir de escaparate aos grupos noveis e de tradición que non dispoñen de locais ou oportunidades suficientes para amosar o seu facer.
Envía a túa opinión
Un veciño de Teis, de 60 anos faleceu ao ser atropelado por un vehículo ao cruzar a estrada fóra do paso de peóns. O sinistro producíuse perto da media noite na Avenida Ángel de Lema e Marina da cidade olívica na saída dunha curva con escasa visibilidade por un todo terreno Ford Fusion segundo informan fontes policiais.
Envía a túa opinión
O Festival da Poesía no Condado unirá, un ano máis, festa e reivindicación en Salvaterra de Miño. “Lingua e servizos en man común” é o lema que resume as inquedanzas do colectivo organizador, a Sociedade Cultural e Deportiva do Condado. Segundo comentou en Radiofusión unha das organizadoras do evento, Irene Cancelas, están preocupados “polos ataques ao noso idioma e ao noso patrimonio popular, e polo retroceso nos servizos públicos, tanto no eido da saúde como no ensino, o transporte, a auga ou a luz".