Envía a túa opinión
Esta mañá presentouse en Santiago de Compostela o concerto que mañá, sábado 11 de setembro, ofrecerá o gaiteiro Carlos Núñez na Praza do Obradoiro, acompañado pola Orquestra Sinfónica de Galicia, considerada unha das mellores formacións sinfónicas de España, e pola banda irlandesa The Chieftains como convidados especiais. Na presentación do concerto participaron o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos; o gaiteiro Carlos Núñez; o líder de The Chieftains, Paddy Moloney; o titular da Orquestra da Radio-Televisión Irlandesa, David Brophy; e o xerente da Orquestra Sinfónica de Galicia, Oriol Ponsa.
Envía a túa opinión
O Concello e a Asociación de Festexos de Negreira tomaron este ano as rendas da Feira do Románico. Un evento que celebra a súa cuarta edición este sábado e domingo e que contará, como novidade, cunha zona de restauración na que se poderán degustar diferentes pratos como churrasco ou polbo a prezos populares. Por outra banda, membros de Sagitax, a Escola Municipal de Teatro de Negreira, a compañía teatral Axouxere e o grupo de gaitas Veiga do Cotón encargaranse dos pasarrúas e das recreacións históricas, entre as que se atopan o “Gran baile” e o “Casamento medieval”.
Envía a túa opinión
A organización da IV Feira do Románico de Negreira ultima xa os detalles para a celebración desta, o primeiro fin de semana de setembro. O Concello de Negreira e a Asociación de Festexos prevén para este ano que máis de 10.000 visitantes se acheguen ata a vila para gozar dun completo programa de actividades e espectáculos para todas as idades.
Envía a túa opinión
O xove de 30 anos que mantivo retidas a dúas mulleres a punta de coitelo desde as oito da tarde do martes en Milladoiro (Ames), nos arredores de Santiago, foi detido por un equipo especial da Garda Civil ao redor das 2.00 da madrugada. Unha decena de axentes entrou no edificio cun ariete e unha escaleira portatil e poucos minutos despois o mozo saía esposado do edificio e era introducido nun vehículo policial. Segundo informou un portavoz policial, foi unha "operación limpa" na que ninguén resultou ferido.
Envía a túa opinión
Colega Galicia insta á fiscalia a actuar contra o cantante da orquestra Olympus polas súas manifestacións verquidas nun foro de Internet. O músico afirmou en resposta a unha persoa crítica coa súa formación que desexaba "darle una patada en la cona", o que o colectivo gai considera unha apoloxia da violencia de xénero.