Envía a túa opinión
Centenares de persoas --máis dun millar segundo a organización-- convocadas por distintas plataformas e asociacións de veciños, rexeitaron nunha manifestación polas rúas do municipio coruñés de Carballo a posta en marcha da mina de ouro de Corcoesto que, conforme sinalou o escritor Manuel Rivas, "deixará unha ferida na zona que non cicatrizará nunca". “É unha peste que queren envolver en celofán", asegurou o escritor e membro da Real Academia Galega.
Envía a túa opinión
Non hai indefensión do capitán, segundo o ministerio fiscal. A avogacía do Estado apoia esa posición, e sinala que os armadores do Prestige non están presentes no xuizo por decisión propia. Se todo discurre segundo o previsto, Mangouras declarará o 13 de novembro, xusto cando se cumpren 10 anos do accidente do petroleiro nas costas galegas.
Envía a túa opinión
Ás 9,50 desta mañá comezou en Expocoruña o macroxuizo do Prestige. Sentáronse no banco dos acusados o capitán do buque, Apostolos Mangouras, o xefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulos, e o ex director xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors."Unha catástrofe medio ambiental das características do sucedido no 2002 sobrepasa o ámbito público" afirmou o fiscal de Medio Ambiente de Galicia. Arredor de 200 persoas concentráronse no exterior do recinto, secundando a convocatoria da plataforma Nunca Máis.
Envía a túa opinión
Francisco Añón foi un home de xorne exaltado e romantico. Na súa producción poética predominan as composicións costumistas, tinxidas de humor e sentimentalismo, os himnos ardentes e os poemas circunstanciais. Naceu en Outes o 9 de outubro de 1812.
Envía a túa opinión
Nunca Máis agarda que o xuízo do Prestige depure responsabilidades, que se condene aos que coa súa actuación converteron un accidente marítimo nunha catástrofe. Afirman desde a Plataforma que nestes 10 anos desde o sinistro producíronse melloras en Salvamento Marítimo e nas normativas, pero din que aínda persisten eivas na seguridade marítima como a falta de control vía satélite, a eliminación de exercicios e simulacros de prevención ou a non transferencia de competencias a Galicia na loita contra a contaminación mariña.