Envía a túa opinión
Xurxo Souto presentará este sábado en Cambre un concerto de homenaxe a Prudencio Romo e Pucho Boedo. Actuará a banda de música Sementeira coas voces de Paco Lodeiro, Sito Sedes e Miguelón. Comezará ás oito e media da tarde no Auditorio da igrexa de Santa María de Cambre.
Envía a túa opinión
A Xunta de Galicia, por primeira vez, vén de poñer a disposición de todos os cidadáns un banco de case 10.000 fotografías actualizadas da costa galega. Estas fotografías aéreas foron empregadas nos estudios dentro do Plan de Ordenación do Litoral, e tanto as imaxes como toda a información pode consultarse na web do Plan de Ordenación do Litoral www.xunta.es/litoral (apartado “descargables").
Envía a túa opinión
O veleiro Laion da Asociación de Persoas con Discapacidade participará na IX Regata S.A.R. Infanta Elena de A Coruña. Un grupo formado por 6 usuarios/as e 3 monitores do Programa de Vacacións de COGAMI, embarcarán, mañá ás catro, dende o pantalán situado fronte ao edificio principal do Náutico Vello. Continúa así a aventura náutica estival do Proxecto Galicia Vela Adaptada (GAVEA), despois de navegar polas rías de Sada e Ribeira.
Envía a túa opinión
"A Xunta, no seu afán privatizador, concede máis cartos ás empresas privadas que a entes públicos para desenvolver cursos de formación" afirma Esquerda Unida nun comunicado, no que denuncia o reparto arbitrario dos fondos europeos destinados a cursos para desempregados. Tamén o alcalde de Oleiros Angel López Seoane reclama unha investigación da fiscalía polo posible "trato de favor ao grupo Azetanet".
Envía a túa opinión
A mostra “Francisco Leiro. Celebrando o Códice Calixtino” inaugurouse esta mañá na Coruña. Pódese visitar na sala de exposicións do Pazo Municipal da cidade ata o 26 de setembro. A exposición enmárcase no Camiño da Historia da programación deseñada por Xacobeo 2010 para celebrar este Ano Santo. A mostra chega á cidade herculina despois de recalar nas cidades de Santiago e Pontevedra e, antes do remate do ano, viaxará ata Bruxelas.