Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

O Parlamento de Galicia editou a publicación sobre Isabel Zendal (Na imaxe o presidente do Parlamento coa directiva da Asociación de Medios en Galego)

Unha pioneira na enfermería

Sociedade 27/03/2018
  Envía a túa opinión

O xornalista Antonio López Mariño realizou unha concienzuda pescuda en arquivos parroquiais arredor da persoalidade da enfermeira de Ordes Isabel Zendal Gómez. Zendal está considerada responsable directa na erradicación da praga da varíola ao longo de todo o mundo nada máis comezar o século XIX, debido á súa participación na chamada expedición Balmis.


Lopo, Novoneira e García

Poesía sen precedentes

Sociedade 15/03/2018
  Envía a túa opinión

O I Festival de Poesía para o Corpo Principal Alguén que RESPIRA! conmemorará o Día Mundial da Poesía, do 21 ao 24 de marzo, organizado polo Concello de Santiago e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Así o deron a coñecer en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, acompañados polo poeta e director artístico do festival, Antón Lopo. Serán catro as xornadas dun intenso programa que reunirá a algunhas das voces máis singulares e importantes da poesía galega e internacional, desde María Xosé Queizán a Olvido García Valdés, pasando por Andrew McMillan, Raquel Lima, Estíbaliz Espinosa, Olga Novo ou Niño de Elche, creador revolucionario do cante flamenco que traerá á capital galega o seu impactante espectáculo poético, exhibido só de forma esporádica. Os convites poderán retirarse desde hoxe, de balde, no despacho de billetes do teatro compostelán de martes a sábado en horario de 18:00 a 21:00 horas.


Laura Romero

Oitenta mulleres músicas galegas ilustradas

Sociedade 08/11/2017
  Envía a túa opinión

Retratos de oitenta mulleres que se adican á música en Galicia. Un listado con máis de 150 nomes. Neso consiste o proxecto Músicas Galegas Ilustradas impulsado por Laura Romero, licenciada en Belas Artes e baixista do grupo de rock Zénzar. Pode consultarse nunha páxina de facebook, nunha web propia e nunha exposición física que percorre centros sociais de Galicia.


Produtos de Ordes

3.500 quilos de cogomelos

Sociedade 28/04/2017
  Envía a túa opinión

3.500 quilogramos de cogomelos en tapas repartirán os locais de hostelería de Ordes este domingo. A coincidencia do luns primeiro de maio festivo e os pronósticos de bó tempo fan esperar unha afluencia masiva de visitantes á localidade, segundo afirma o alcalde José Luis Martinez Sanxurxo.


Cousas de mulleres na biblioteca municipal de Ordes

Cousas de mulleres

Sociedade 21/11/2016
  Envía a túa opinión

San Antonio bendito, dádeme un home, anque me mate, anque me esfole, ... Os versos de Rosalía de Castro esconden unha dramática e pioneira denuncia contra a violencia de xénero e contra as discriminacións das mulleres. A través da literatura, a autora de Cantares gallegos pon o dedo na chaga nunha das inxustizas máis universais.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros