Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Burela

Información da emisora Novas da emisora

Foz: Festa do chícaro

Berberecho, croque ou chícaro

Sociedade 09/01/2018
  Envía a túa opinión

Estamos no tempo do berberecho. Simplemente ao vapor, con limón ou con arroz, é un dos manxares que nos ofrecen as rías galegas. En Foz preparan para o sábado 20 e domingo 21 a festa do chícaro, que é como lle chaman pola zona ao molusco bivalvo.


Acto presentación

Un conto de Nadal

Sociedade 13/12/2017
  Envía a túa opinión

Os Bolechas súmanse por sexto ano consecutivo á celebración das festas de Nadal, da man da Rede de Dinamización Lingüística, Bolanda Edicións, Televisión de Galicia e Gadisa, e chegarán a oito concellos desde o vindeiro venres 22 de decembro ata o domingo 7 de xaneiro. Farano, coma sempre, convidado as familias a participaren na nova proposta Un conto de Nadal, con entrada libre e de balde ata completar a capacidade dos espazos programados en Ames, O Carballiño, Muros, Poio, Sarria, Vilalba, Viveiro e Xinzo de Limia.


Axenda feminista do 2017

A axenda feminista do 2018

Sociedade 28/11/2017
  Envía a túa opinión

Como ven sendo habitual por estas datas, o Observatorio da Mariña pola Igualdade ultima a  Axenda Feminista 2018  que xa vai pola súa oitava edición e que, un ano máis, escolle a 12 mulleres para protagonizala. En edicións anteriores a Axenda Feminista escolleu como protagonistas a galegas dedicadas á música, á escrita, ao teatro, á poesía, á ciencia e ás labregas en leiras de mar e de terra. O misterio envolve aínda a temática da Axenda Feminista 2018 que será desvelada nas presentacións da mesma, o venres 15 de decembro, ás 20,00 h na libraría Porta da Vila en Viveiro e o sábado 16 de decembro ás 12,00 h na libraría Lila de Lilith en Santiago de Compostela.


Xunta directiva da Asociación de Medios en Galego

Máis medios en galego e máis galego nos medios

Sociedade 16/05/2017
  Envía a túa opinión

Máis medios en galego, medios máis fortes e máis galego nos medios. Esas son as reivindicacións da Asociación de Medios en Galego diante do 17 de maio, Dia das Letras Galegas. "Son demandas compartidas pola inmensa maioría da cidadanía galega e pensamos que as administracións deben ser receptivas a ese sentimento" indican desde a entidade.


A voceira nacional do BNG, Ana Pontón

Pontón toma o relevo de Jorquera nas sesións de control a Feijóo

Institucional 16/05/2016
  Envía a túa opinión

O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera anunciou hoxe cambios no grupo parlamentario no que resta de Lexislatura adiantando unha coportavocía na que a deputada Ana Pontón formulará as preguntas ao presidente autonómico Alberto Núñez Feióo e Jorquera asumirá a coordinación do grupo parlamentario e a representación do BNG na Xunta de Portavoces. O cambio, dixo, é “absolutamente natural” e compartido polo grupo parlamentar do BNG porque Pontón "ten a responsabilidade de ser a máxima referente da política do BNG, é a nosa candidata á Presidencia da Xunta e a sociedade galega debe ter a oportunidade de contrastar nos debates parlamentarios o continuísmo que representa o Feijóo fronte á alternativa de futuro que encarna Ana Pontón”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros