Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 19 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Central das Pontes

Endesa abre as portas

Sociedade 02/05/2018
  Envía a túa opinión

O público que desexe coñecer en detalle o maior investimento industrial actualmente en curso en Galicia, a reforma da Unidade de Produción Térmica das Pontes, poderá facelo o próximo 9 de xuño, sábado. Endesa organiza para esa data unha xornada de portas abertas para que visiten a instalación todas as persoas que queiran, previa inscrición. Habitualmente só os estudantes acollidos a un programa didáctico da Fundación Endesa acceden á central térmica. As solicitudes para visitar a central das Pontes intensificaronse tras o arranque do proxecto de transformación. A xornada de portas abertas do 9 de xuño resolverá esta carencia. 


Manifestación do primeiro de maio

As orixes do primeiro de maio

Sociedade 01/05/2018
  Envía a túa opinión

Pablo Iglesias Posse naceu en Ferrol o 18 de outubro de 1850. Fundou a Unión Xeral de Traballadores e o Partido Socialista Obreiro Español e impulsou a finais do século XIX a conmemoración do primeiro de maio. 


Presentación da campaña

O noso camiño decidímolo nós

Sociedade 07/03/2018
  Envía a túa opinión

 “O noso camiño decidímolo nós!” é o lema da campaña que a Deputación da Coruña lanza con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. A responsábel da área de Igualdade, Ánxela Franco sinalou que a institución se suma as reivindicacións da data e destacou o traballo pioneiro que están a facer desde a área para unha sociedade máis igualitaria. Ademais da campaña, na rolda de prensa presentouse a Gala 16Mx8M que terá lugar o vindeiro sábado día 10 no Teatro Colón da Coruña. “A Deputación da Coruña súmase ás mobilizacións e ás reivindicacións do 8 de marzo”, destacou Ánxela Franco que fixo referencia á moción aprobada no pasado pleno que mostra o compromiso da institución coa igualdade e o apoio ás mobilizacións e paros laborais que se producirán arredor da conmemoración do Día Internacional das Mulleres.


Santiago de Compostela: Manifestación en defensa da sanidade pública

Un mar de persoas en defensa da sanidade pública

Sociedade 04/02/2018
  Envía a túa opinión

 Máis de cinco mil persoas secundaron a manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública en Santiago de Compostela na que se demandou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a que paralice a reforma da Lei de Saúde e manteña un proceso de negociación encamiñado a frear os "recortes" e "privatizacións" na sanidade galega.


Adrián Sánchez co seu can

Cans de raza e de tiro

Sociedade 02/11/2017
  Envía a túa opinión

O primeiro Mushing Lago de As Pontes celébrase este domingo cinco de novembro. O club Lobos de Naraio organiza esta proba dun deporte de inverno que conta con crecente tirón en Galicia. O cans de raza kamutik ou husky tiran un trineo por unha superficie de neve ou tamén tirando karts sobre rodas na modalidade de terra.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros