Envía a túa opinión
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou esta mañá a lonxa de Armadores de Burela, onde percorreu as áreas de venda de bonito e do gran sol, o almacén de expedición de peixe, ademais de embarcar nun barco de pesca. Feijóo expresou o apoio loxístico e promocional que a Xunta presta á pescada do bonito, e que ten convertido Burela no segundo porto de España en números de capturas, xa que o 70% de todo o bonito que entra en Galicia entra por este porto.
Envía a túa opinión
"Ante a violencia de xénero, tolerancia cero". Rezaba así a pancarta que portaban esta mañá os membros da Corporación de Lugo na concentración realizada contra a violencia machista, despois da morte violenta de Montserrat Labrada, acaecida onte no seu domicilio. O seu home permanece en comisaria e nas vindeiras horas será posto a disposición xudicial. Concentracións similares realizáronse en Santiago de Compostela, Ferrol e Fene.
Envía a túa opinión
O Concello de Lugo convocou para mañá venres ás 11,00 unha concentración de repulsa fronte á Casa Consistorial. Nun comunicado, asegura que o obxectivo é "que se escoite o noso rexeitamento a calquera tipo de violencia, e neste caso á violencia contra as mulleres que fai tremer as conciencias de toda unha cidade". En Santiago de Compostela as organizacións feministas convocan a concentrarse ás oito da tarde na Porta do Camiño.
Envía a túa opinión
Un veciño de Lugo foi detido como presunto autor da morte da súa esposa, de 43 anos de idade e natural de Barcelona. Ambos vivían na rúa Carlos Azcárraga, no barrio lucense do Sacro Corazón. O crime produciuse preto do catro da madrugada no domicilio familiar. Pasadas unhas horas, o home entregouse á Policía e confesou os feitos. As autoridades xudiciais xa procederon ao levantamento do cadáver.
Envía a túa opinión
O Concello de Ribadeo contrata un administrativo de apoio para as oficinas municipais. Será pola modalidade de obra ou servizo determinado por un prazo de seis meses, sen prexuízo das prórrogas que procedan. Valoraranse, entre outros, os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao da praza a que se opta; os cursos relacionados coa actividade a desenvolver impartidos pola administración pública ou entidades delas dependentes ou homologados; o coñecemento do idioma galego e a antigüidade no paro.