Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Lexionarios romanos desfilando no Arde Lucus. 2018

O deus dos lexionarios romanos

Sociedade 24/06/2018
  Envía a túa opinión

A Domus do Mitreo, museo universitario, amosa fronte á catedral de Lugo, os restos da casa dun centurión romano e dun templo adicado ao deus Mitra. Nas excavacións realizadas no “Pazo dos Montenegro” apareceron os signos do trazado dunha gran mansión, que foi expropiada para a construción da muralla e logo utilizada como obradoiro de cantería cando Julián Sánchez Bort ergueu a fachada catedralicia.


Lugo: Folión 2017

Vaia folión!

Sociedade 19/02/2018
  Envía a túa opinión

A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, realizará unha nova actividade para pechar as datas do entroido. Mañá martes día 20 de febreiro terá lugar un Entroido Tradicional cun Folión que partirá da Tradescola ás 17:15 h. e onde todos os alumnos e alumnas que queiran participar irán marcando os ritmos característicos do Folión. Os boteiros farán paradas en distintas rúas e prazas da cidade e realizaranse pequenas intervencións con danzas e cantos típicos do entroido.


Fonsagrada: Placa no xulgado

Butelo de ouro para Oliverio

Sociedade 29/01/2018
  Envía a túa opinión

Unha feira gastronómica cun cocido magnífico e a un prezo módico, duns 25 euros, que se pode degustar en calquera dos restaurantes da vila. “Pódese ver o Museo, contemplar as fervenzas ou seimeiras de Queixoeiro e de Vilagocende e levar butelo e moitos produtos da Fonsagrada de primeira calidade” afirma o alcalde da localidade Argelio Fernández Queipo.


José Antonio Pérez Tapias, decano de Filosofía da Universidade de Granada e membro do comité federal do PSOE

Pérez-Tapias: “PSOE e Podemos deberían aproximar posturas”

Sociedade 12/12/2017
  Envía a túa opinión

Verso solto no PSOE, ma non troppo, pois como candidato de Izquierda Socialista conseguiu no 2014 o 15% dos votos nun congreso extraordinario do partido tendo en fronte a Pedro Sánchez e a Eduardo Madina. José Antonio Pérez Tapias, nas antípodas de Susana Díaz, rexeita por “dogmática” a afirmación da “indisoluble unidade de España”. Na entrevista concedida a TEMPOS Novos, sostén que o Estado das Autonomías de 1978 está esgotado. Propón un proceso constituínte, retomar a idea de referendo legal para Catalunya e o impulso dun Estado plurinacional, con pleno recoñecemento das nacións do Estado, nomeadamente Catalunya, Euskadi e Galicia. “Necesitamos resolver a cuestión das nacións”, conclúe o díscolo e reflexivo militante socialista.


Claustro do mosteiro de Samos

Unha estatua de Asorei preside o maior claustro do estado en Samos

Sociedade 01/08/2017
  Envía a túa opinión

Unha estatua de Asorei coa figura do “Pai Feixóo” preside un dos claustros do mosteiro de Samos, cenobio fundado no século sexto. A chegada dos suevos a Galicia é simultánea á instalación dos monxes á beira do río Oribio. Os frades buscaban lugares onde poder traballar e orar en silencio en lugares de recollemento. Hospedábase nos veráns no mosteiro, o poeta Ramón Cabanillas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros