Martiño chega a Galicia sobre o ano 550. Propiciará a rápida reconversión do reino galego ao catolicismo (559). A monarquia galega fortalécese, resaltando a figura do rei co apoio da Igrexa. Os concilios bracarenses celebrados nos anos 561 e 572 constitúen senllos fitos na organización do reino, o cal se divide en dioceses e parroquias, como reflicte o Parrochiale Suevum. Refléxase na exposición In tempore sueborum. O tempo dos suevos na Gallaecia (411-585) Pódese visitar en Ourense ata o 6 de maio.
O breve reinado do terceiro monarca suevo reviste unha gran relevancia cun notable avance institucional e social, ainda que o remate fose catastrófico. Un concilio en Caldas de Reis (Aquas Calidas) prepara a conversión dos suevos ao catolicismo en 449, convertindose no primeiro dos pobos xermánicos en facelo. A conversión decidida por Requiario implica o final da segregación institucional entre suevos e galaico-romanos, que a partir dese momento se funden nunha única comunidade. Pódese ver na exposición In tem
Un pacto (foedus) entre os suevos e o Imperio Romano sobre o ano 410 debeu dar lugar á fundación en Gallaecia dunha nova entidade política, o Reino de Galicia. O rei suevo de Galicia recoñecería teóricamente a superioridade xerarquica do emperador ainda que será el quen asumirá todas as función públicas propias deste. De todo iso fálase na exposición In tempore sueborum O tempo dos suevos na Gallaecia (411-585) que se pode visitar no Centro Cultural Marcos Valcarcel, igrexa de Santa María Nai e no Museo Municipal de Ourense ata o 6 de maio.
A Casa dos Poetas en Celanova acolle este sábado 10 de febreiro de 2018 ás 12 horas o II Encontro de das Casas Museo e Fundacións de escritores de Galicia. Convocadas as máis de 30 entidades de este tipo na Comunidade Autónoma, están confirmadas a asistencia de representantes de polo menos a metade. A esta reunión asistirá tamén o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, para afondar na relación colectiva e abordar ideas e propostas xa máis concretas a través das cales iniciar posibles camiños de colaboración, así como continuar co coñecemento recíproco das propias casas e das actividades que estas desenvolven.
Todos os grupos políticos da Cámara galega apoiaron este mércores a importancia que teñen hoxe en día os medios en galego polo seu compromiso "coa realidade e orgullo polo propio" iniciado no Rexurdimento. Foi grazas a unha declaración institucional a favor da celebración do 7 de febreiro como o Día dos Medios en Galego. Unha data que lembra a saída á rúa do primeiro número de O Tío Marcos d'a Portela, hai 142 anos en Ourense. O presidente do Parlamento, o ourensán Miguel Santalices, deu lectura emocionado ao texto que tamén quere poñer en valor os medios que actualmente utilizan a nosa lingua.