Milleiros de persoas saíron á rúa en Santiago de Compostela e no resto de cidades galegas para lanzar unha mensaxe clara en defensa da igualdade e en contra do machismo, nunha xornada de paro feminista convocada en máis de 150 países de todo o mundo.
O Aeroporto de Santiago rexistra a súa marca histórica en tráfico de pasaxeiros. Máis de 2.644.000 de persoas usaron as súas instalacións, operaron 21.520 aeronaves e movéronse máis de 2.693 toneladas de mercadorías. Iso supón, segundo os datos oficiais de Aena, un 5,3% máis que en 2016, o que o converte nun ano marca na historia do aeroporto. Do total de pasaxeiros comerciais (2.639.920), 2.012.440 realizaron voos nacionais -un 2,4% máis que en 2016- e 627.480 internacionais, un 15,7% máis.
Salvador Dalí quería levar a cabo un proxecto de peregrinación a Santiago de Compostela acompañado de John Lennon e dun cento de hippyes, segundo relata o seu amigo e escritor Antonio D.Olano. A morte de Lennon frustrou o proxecto do pintor de Cadaqués.
O pallaso Abu Sakha é un dos 500 presos palestinos en cárceres de Israel baixo detención administrativa, sen condea, sen xuizo, sen cargo e sen acusación, segundo denuncia. Iván Prado de Pallasos en Rebeldia. Prado fai o camiño de Santiago de Compostela. O sábado estará en Arzúa e o luns chegará á Praza do Obradoiro. Trátase dunha Peregrinaclown para chamar a atención da situación das persoas palestinas presas.
Un home que amaba tanto aos libros non podía ser malo. Durante 12 anos -entre 1924 e 1936- Anxel Casal adicou boa parte da súa vida á edición e impresión de libros. Todo tipo de publicacións viron a luz grazas a xenerosidade e ao altruismo dunha persoa que confiaba nos libros, na educación, na cultura, como o método máis efectivo para extender a valoración do próximo, aquilo que deron en chamar galeguismo.