Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 09 de Septembro de 2010

Emisoras > Radio Foz

Información da emisora Novas da emisora

A torre do Castro é o símbolo máis coñecido do Concello de Alfoz

Aparece o corpo dunha muller calcinado en Alfoz

Sociedade 07/09/2010
  Envía a túa opinión

Efectivos do Grumir de Alfoz (Lugo) localizaron a última hora do luns o cadáver carbonizado dunha muller dentro dun vehículo que se atopaba na zona da Fraga, onde acudiran para sufocar un incendio forestal.    Segundo explicaron fontes deste servizo, tanto o corpo da muller como o vehículo apareceron totalmente calcinados ás 20,21 horas e nas proximidades dun incendio forestal. A muller apareceu sentada no asento do condutor.


O presidente da Xunta visitou o Porto de Armadores de Burela

O presidente da Xunta salienta os bos resultados desta campaña do bonito

Sociedade 01/09/2010
  Envía a túa opinión

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou esta mañá a lonxa de Armadores de Burela, onde percorreu as áreas de venda de bonito e do gran sol, o almacén de expedición de peixe, ademais de embarcar nun barco de pesca. Feijóo expresou o apoio loxístico e promocional que a Xunta presta á pescada do bonito, e que ten convertido Burela no segundo porto de España en números de capturas, xa que o 70% de todo o bonito que entra en Galicia entra por este porto.


Concentración diante da Casa do Concello de Lugo

Concentracións en toda Galicia contra a violencia machista

Sociedade 27/08/2010
  Envía a túa opinión

"Ante a violencia de xénero, tolerancia cero". Rezaba así a pancarta que portaban esta mañá os membros da Corporación de Lugo na concentración realizada contra a violencia machista, despois da morte violenta de Montserrat Labrada, acaecida onte no seu domicilio. O seu home permanece en comisaria e nas vindeiras horas será posto a disposición xudicial. Concentracións similares realizáronse en Santiago de Compostela, Ferrol e Fene.


Concentracións en Lugo e Santiago contra a violencia machista

Sociedade 26/08/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Lugo convocou para mañá venres ás 11,00 unha concentración de repulsa fronte á Casa Consistorial. Nun comunicado, asegura que o obxectivo é "que se escoite o noso rexeitamento a calquera tipo de violencia, e neste caso á violencia contra as mulleres que fai tremer as conciencias de toda unha cidade". En Santiago de Compostela as organizacións feministas convocan a concentrarse ás oito da tarde na Porta do Camiño.


A parella residía na rúa Carlos Azcárraga de Lugo

Un home mata á muller en Lugo

Sociedade 26/08/2010
  Envía a túa opinión

Un veciño de Lugo foi detido como presunto autor da morte da súa esposa, de 43 anos de idade e natural de Barcelona. Ambos vivían na rúa Carlos Azcárraga, no barrio lucense do Sacro Corazón. O crime produciuse preto do catro da madrugada no domicilio familiar. Pasadas unhas horas, o home entregouse á Policía e confesou os feitos. As autoridades xudiciais xa procederon ao levantamento do cadáver.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -
Publicidade

Axenda

Concerto de Arizona Baby & Friends
10/09/2010 - 22:30
Sala Le Club de A Coruña
Representación de Master Class en A Coruña
10/09/2010 - 21:00
Teatro Rosalía de Castro
O humor de Noites de Retranca en A Coruña
10/09/2010 - 20:30 e 22:30
Teatro Colón Caixa Galicia
We Have Band e Norton en Pontevedra
09/09/2010 - 23:00
Sala Karma
Concerto de Jackelberrys en O Burgo (A Coruña)
09/09/2010 - 22:30
Fórum Celticum
Nut Teatro presentan “Wake Up” no Fetega
09/09/2010 - 22:30
Multifuncional de O Carballiño
Damien Jurado actúa en Ourense
09/09/2010 - 22:00
Café & Pop Torgal
Munich e Igloo en Vigo
09/09/2010 - 22:00
La Fábrica de Chocolate Club
Festival Internacional de Curtametraxes en Bueu (FicBueu)
09/09/2010 - 21:30
Centro Social do Mar
Concerto en Compostela de Mercedes Peón
09/09/2010 - 21:00
Teatro Principal
Pecha no Cebreiro o ciclo “Camiños en danza”
09/09/2010 - 20:00
Campo da Festa

Enquisa

Paréceche correcto gastar 3 millóns de euros das arcas públicas na visita do Papa?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros