Envía a túa opinión
O colexio de Limodre non pechará. Finalmente confirmouse o que todo o mundo estaba agardando e a escola de Limodre permanecerá aberta para o vindeiro curso. Dende a Delegación Territorial de Educación reiteran que todo foi un erro e que realmente o colexio de Limodre nunca debera aparecer na lista de centros que se deu a coñecer o pasado luns no que figuran ata 19 centros que pecharán en toda Galicia. Agora, tanto os pais dos alumnos como a Asociación de Veciños de Limodre, propietaria do edificio, móstranse satisfeitos de que o centro non peche. De tódolos xeitos, a Concelleira de Cultura, Carme Silvar, mantén a reunión no propio centro para o vindeiro luns cos pais dos nenos matriculados e coa mestra, para explicarlles cal é a situación actual.
Envía a túa opinión
As familias dos presidentes falecidos ao longo dos 100 anos de vida da Autoridade Portuaria, antes Junta del Puerto, agradeceron enormemente a homenaxe recibida nos actos do centenario do porto ferrolán , o 26 de agosto. Un libro da historiadora, María Sande, recolle os avatares daqueles dirixentes portuarios, dos que moitas familias non sabian tal dedicación.
Envía a túa opinión
Pontedeume ofrece dende hoxe un outlet nas principais rúas do casco histórico. O obxectivo é incentivar a venda nos pequenos establecementos, que a día de hoxe son os que máis están a notar a crise, ó tempo que se recoñece a fidelidade aos clientes habituais. A iniciativa está impulsada pola Unión de Comerciantes da vila e prolongarase ata o vindeiro domingo. A presidenta de UCOA, Chus Grandal, destaca os prezos baixos que ofrecerán as tendas da vila.
Envía a túa opinión
A Asociación de veciños de Limodre e os pais dos alumnos-as da escola desta parroquia fenesa, iniciaron diferentes trámites para evitar o peche da unitaria. Os pais e nais dos alumnos asinaron un documento no que se insta á Xunta de Galicia que se manteñan as instalacións en funcionamento, xa que para o vindeiro curso están previstas 9 matriculas, cando o mínimo estipulado pola Xunta son 5. Pola súa banda a Asociación de veciños de Limodre, presentou esta mesma mañá un escrito no Concello de Fene dirixido á Consellería de Educación no que se insta ó diálogo para solucionar este problema. Dende a Asociación veciñal indican que a Xunta de Galicia debe ter en consideración non só o número de alumnos, senón tamén a importancia de manter parte da historia da parroquia, xa que estas instalacións levan en funcionamento dende os anos 20, cando os veciños emigrados en Cuba, entre eles Juan Varela,enviaron cartos para construir a escola.
Envía a túa opinión
Volve a festa do pincho moruno a Fene. Logo de 10 anos sen celebrarse, o campo da festa do municipio acollerá este sábado unha nova edición, a que sería a sexta. Dende a organización lamentan que durante estes anos pasados fene perdese este encontro gastronómico, tendo en conta aínda por riba, a considerable afluenza de visitantes que tiña a festa. Dende a organización recoñecen que a Festa do pincho non sería posible sen a colaboración do concello e de moitos veciños do municipio. Pero os organizadores tamén recoñecen que esta festa se acabou por perder en parte por unha mala xestión da mesma e tamén porque o traballo era excesivo. Nesta nova edición móstranse ilusionados e esperanzados de que todo vaia mellor que na primeira etapa e agardan que ata a Fonte do Campo se acheguen moitos veciños a desfrutar dos pinchos e tamén da música dos Zares.