Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Ana Pontón e Rosana Pérez

O BNG reclama unha AP-9 pública

Sociedade 15/01/2014
  Envía a túa opinión

O BNG defende diversas iniciativas no Parlamento galego e Congreso dos deputados para reclamar do Goberno do Estado a anulación do incremento no ano 2014 das peaxes das autoestradas galegas, aplicar unha rebaixa nas tarifas e iniciar as xestións cara a recuperación da titularidade  da AP-9 ao fin de convertela nunha vía pública e gratuíta. Ante os medios de comunicación, as deputadas do BNG, Ana Pontón e Rosana Pérez presentaron hoxe as iniciativas que serán defendidas na Cámara galega e no Congreso dos deputados.


Movilización contra o paro e polo futuro do sector naval

O paro medra en Galicia e baixa no conxunto do estado

Sociedade 03/01/2014
  Envía a túa opinión

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) situouse ao finalizar decembro de 2013 en Galicia en 271.063 persoas, tras aumentar en 209 en relación con novembro (+0,08%) pero baixar en 7.724 no conxunto do ano pasado (-2,77%), segundo os datos que publica este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


Entrada do Colexio de San Valentín (Fene A Coruña)

Nova xornada de temporal en Galicia

Sociedade 22/10/2013
  Envía a túa opinión

Unha nova xornada de temporal vivirá Galicia neste martes. Segundo Meteogalicia, estaremos "baixo a influencia dunha borrasca centrada ó sudoeste de Irlanda, que impulsará cara Galicia ventos fortes do sudoeste. Con esta situación, agárdanse intervalos anubrados con chuvascos, ocasionalmente treboentos con aparato eléctrico, máis frecuentes canto máis ó oeste de Galicia. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros descensos das máximas. Os ventos soprarán do sudoeste, fortes no litoral e nas zonas altas e moderados no resto".


Imaxe da feira en convocatoria anterior

Con mel e queixo, non me queixo

Sociedade 09/10/2013
  Envía a túa opinión

A parroquia pontesa de Goente- As Pontes.A Coruña-  renderá, este sábado dia 12, unha nova homenaxe aos productos da zona e ao mundo da apicultura na que será a V Feira do Queixo da Faeira e do Mel de Goente. Trátase dunha nova exaltación gastronómica que conta coa organización da delegación do Eume da Asociación Galega de Apicultura e a Casa do Mel de Goente, xunto co patrocinio do Concello de As Pontes, mediante os departamentos de Medio Rural e Turismo, Emprego e Novos Proxectos; e da Deputación da Coruña. A festa gastronómica contará cun extenso programa de actividades no que se contará cunha ampla oferta lúdica dirixida a todo tipo de idades.


O alcalde das Pontes Valentín González forma parte da nova executiva socialista

Traballo e ilusión

Sociedade 30/09/2013
  Envía a túa opinión

Este luns 30 de setembro, é o primeiro dia de traballo e ilusión para o PSdeG - PSOE, segundo o seu dirixente José Ramón Gómez Besteiro. Esta tarde reúnese en Santiago de Compostela a executiva elexida no Congreso extraordinario desta fin de semana. Os 29 membros do órgano de dirección dos socialistas galegos escoitarán as propostas do novo lider.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros