Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Imaxe recente dos Reis

Os Comités acudirán á apertura do curso escolar cos Reis de España.

Sociedade 04/09/2014
  Envía a túa opinión

Os Comités chaman a se mobilizar ante a visita dos reis de España e Wert no comezo do curso escolar. O vindeiro 16 de setembro inaugurarase o curso escolar no centro de Educación Infantil e Primaria Ben Cho-Shey en Pereiro de Aguiar (Ourense). A esta apertura decidiron acudir o rei español e o ministro Wert; xunto ao conselleiro de educación Jesús Vázquez e os dirixentes da Xunta de Galiza.


Agustín Fernández Paz asinando libros hoxe en Trasalba

Os ovos e as cascas de Agustín Fernández Paz

Sociedade 29/06/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

"De neno coleccionabamos ovos de paxaro. Gardabámolos en caixas de zapatos e para que non apodreceran, faciámoslles uns furados por riba e por baixo e soprábamos ata que quedaban baleiros, co que en realidade a nosa colección era unicamente de cascas. Pregúntome se a Constitución, o Estatuto e a Lei de Normalización Lingüística, non se converten ás veces en verdadeiras cascas baleiras como aquelas, pois na sociedade galega, sobre todo nas cidades, os galegofalantes teñen que ocultarse en moitas ocasións".


Agustín Fernández Paz con Pitusa Arias

O premio da Xeración Nós

Cultura 29/06/2014
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

"Este é o premio da Xeración Nós e por iso o recibo con moito agrado" manifestou esta mañá a Radiofusión o escritor Agustín Fernández Paz, minutos antes de recibir o Premio Trasalba, concedido pola Fundación Otero Pedrayo. Os actos desenvolvéronse na casa grande de Cimadevila.


Agustín Fernández Paz. Foto de Xurxo Lobato

Agustín Fernández Paz recibirá o Premio Otero Pedrayo

Sociedade 10/06/2014
  Envía a túa opinión

"Vén o cantar da seitura,
chega o cantar seitureiro,
lediza de frol e sura
por os Chaos de Amoeiro".

Este poema de Ramón Otero Pedrayo preside o convite á Festa Literaria do Premio Trasalba 2014 que a Fundación outorga a Agustín Fernández Paz o domingo 29 de xuño en Trasalba. 


Clubs de Piragüísmo de Allariz e Avión

Catoira fíxose co campionato galego infantil de piragüísmo

Sociedade 06/05/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Esta fín de semana celebrouse en Pontesampaio (Pontevedra) a terceira regata de piragüismo 2014 de ámbito galego, para a categoría infantil. Desenvolveuse en piraguas individuais, nun percorrido de 3.000m no rio Verdugo ao seu paso pola localidade de Pontesampaio, e cunha grande afluencia de público.  Participaron un total de 330 piragüistas (225 nenos e 105 nenas), procedentes de clubs de toda a xeografía galega. O Club As Torres Romaría Viquinga de Catoira gañou a proba, á que acudiron tamén os clubs ourensáns de Avión e Allariz.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros