Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 25 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

A oposición reclama un sistema centralizado de loita contra o lume

Seguen activos os lumes en Lousame e Boiro

Sociedade 30/08/2013
  Envía a túa opinión

Os incendios seguen a afectar nesta xornada de venres a Boiro, Lousame e Navia de Suarna. Os prognósticos meteorolóxicos non fan ser moi optimistas de cara á fin de semana. Pola súa banda, a Plataforma contra o Lume, anuncia que fará públicos dados que contradín as últimas manifestacións de Núñez Feijóo.


Manifestantes diante do edificio administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela)

Disturbios diante da Xunta de Galicia nas protestas da frota do polbo

Sociedade 01/07/2013
  Envía a túa opinión

Unidades antidisturbios da Policia Nacional cargaron este mediodía contra centos de manifestantes da frota do polbo que permanecian concentrados diante da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela. Resultaron feridos algúns manifestantes e un mozo de 15 anos tivo que ser atendido por unha ambulancia do 061. As confrarías situadas ao Sul do cabo Corrubedo reclaman diálogo á conselleira do Mar, antes da aplicación do Plan do polbo.


Xosé Manuel Olveira

Morreu Xosé Manuel Olveira Pico

Sociedade 13/06/2013
  Envía a túa opinión

Galicia perdeu hoxe a un dos nomes máis destacados do teatro, o cine e a televisión. Este xoves faleceu aos 58 anos Xosé Manuel Olveira 'Pico'. O actor, natural de Esteiro (Muros), padecía desde hai meses un cancro.


Rosana Pérez é deputada no Congreso

Rosana Pérez (BNG): “Póñase como se poña o PP, o debate do dereito a decidir é irreversible”

Institucional 05/06/2013
  Envía a túa opinión

O Bloque Nacionalista Galego, Esquerra Republicana de Catalunya e Amaiur presentaron unha Proposición Non de Lei que se debaterá no Pleno do Congreso co obxectivo de permitir o dereito de autodeterminación dos pobos. Con esta iniciativa, reclámase o respecto ao exercicio do dereito de libre determinación das nacións que conforman o Estado español: Euskal Herria (cos catro territorios forais), Països Cataláns e Galiza, así como todas as que o definan no seu Estatuto de Autonomía ou que así o aprobe o seu Parlamento en base aos seus dereitos históricos, ao seu sentimento nacional ou á súa vontade democrática. O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence; o portavoz de ERC no Congreso, Alfred Boch i Pascual; o deputado de Amaiur no Congreso Jon Iñárritu García; e a deputada do BNG no Congreso Rosana Pérez participaron nun acto de exposición pública desta demanda esta mañá en Compostela. Antes, a deputada do Bloque na Cámara Baixa, explicou en Radiofusión que esta acción política non quere "pedir permiso, senón que o Goberno, dun xeito dialogado, vexa que o dereito a decidir é o dereito democrático máis básico e o recoñeza na legalidade do Estado español".


Fotografía: Praza Pública

Unha peste que queren envolver en celofán

Sociedade 15/04/2013
  Envía a túa opinión

Centenares de persoas --máis dun millar segundo a organización-- convocadas por distintas plataformas e asociacións de veciños, rexeitaron nunha manifestación polas rúas do municipio coruñés de Carballo a posta en marcha da mina de ouro de Corcoesto que, conforme sinalou o escritor Manuel Rivas, "deixará unha ferida na zona que non cicatrizará nunca". “É unha peste que queren envolver en celofán", asegurou o escritor e membro da Real Academia Galega.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros