Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Os da Ría

Teo acolle o sabado o XVII Música na Noite

Sociedade 30/06/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A noite de folk e rock na 17ª edición do Música na Noite celébrase no Campo de San Domingo en Calo (Teo) o sábado 5 de xullo a partir das 22.00 horas. Nao, chegan desde A Estrada co seu último traballo recen editado para presentar en Calo ese son directo e cheo de distorsión que os caracteriza. Tamén concurren: Familia Caamagno, Habelas Hainas, Os d`abaixo e Os da Ría.


Benedicto con Zeca Afonso nos 70

Polo mar da liberdade: homenaxe a Benedicto

Sociedade 25/06/2014
  Envía a túa opinión

Comisións Obreiras, a través da Fundación 10 de Marzo, participa mañá xoves, 26 de xuño, na homenaxe que se lle renderá ao cantante, mestre e sindicalista compostelán Benedicto García Villar. «Polo mar da liberdade» será o lema do acto, que comezará ás 20 h no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A entrada é libre ata completar a capacidade.


O naturalista pontevedrés, Luís Iglesias

Luis Iglesias e a loita contra as pragas agrícolas

Sociedade 16/06/2014
  Envía a túa opinión

O Día do Científico Galego celebrase hoxe con espectáculos didácticos e un acto académico para homenaxear ao naturalista Luis Iglesias. O novo Parque das Ciencias de Santiago estrea a placa dedicada ao científico vigués. A RAGC aprobou por unanimidade a elección de Iglesias pola súa contribución á entomoloxía e á loita contra as pragas agrícolas causadas tanto por insectos como por fungos, cunha especial atención a Galicia. Luis Iglesias dálle nome ao Museo de Historia Natural da USC, a colección de patrimonio histórico-científico máis importante de Galicia, que está pendente de reabrir as súas portas na súa nova sede.


Quizais a Garda Civil debería investigar as filtracións dos sumarios xudiciais

Contra a publicación das fotos de Asunta

Sociedade 06/06/2014
  Envía a túa opinión

A Asociación de Medios en Galego posiciónase radicalmente en contra da publicación de fotografías denominadas "escabrosas" da nena Asunta Basterra. A entidade fai un chamamento ás direccións dos medios que recolleron esas imaxes, para que as retiren no prazo máis breve posible. Os medios en galego entenden alonxada "da ética informativa e cidadán máis básica" a difusión de imaxes morbosas e que "parecen regocixarse na exaltación dos piores instintos humanos, somentes guiados pola máis ruín búsqueda de audiencias".


A Praza do Obradoiro será o centro de operacións

Operadores turísticos de Portugal coñecen as oportunidades galegas

Sociedade 30/05/2014
  Envía a túa opinión

Representantes de 19 operadores turísticos nacionais e portugueses terán a oportunidade de coñecer esta fin de semana a oferta turística de Santiago de Compostela e participar nunha xuntanza de traballo cos axentes turísticos, hostaleiros e da restauración compostelá para ter información de primeira man sobre os servizos que prestan, grazas a unha viaxe de familiarización turística organizada por Turismo de Galicia.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros