Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Julio Fernández Gayoso

Piden un castigo exemplar para os exdirectivos de Novacaixagalicia

Sociedade 08/06/2015
 8 comentario/s - Envía a túa opinión

A Audiencia Nacional celebrará dende este luns o xuízo contra os cinco exdirectivos de Novacaixagalicia (NCG) acusados de adxudicarse indemnizacións por valor de 18,9 millóns de euros e o avogado que os asesorou na operación que concibiron en plena crise das caixas. A antiga cúpula da entidade, resultante da fusión das extintas caixas de aforro galegas Caixa Galicia e Caixanova, enfróntase a tres anos de prisión por modificar os seus contratos de alta dirección para poder percibir as prestacións e a unha pena de inhabilitación doutros tres anos de inhabilitación para o exercicio profesional de actividades relacionadas co sector bancario.


Pais e nais reclaman escolas en Carballo

Carballo quere escolas

Sociedade 06/05/2015
  Envía a túa opinión

A falla de planificación e os recortes en Educación semellan estar detrás da problemática do CEIP Fogar de Carballo. As familias temen que vinte rapazas e rapazas queden sen escolarizar ante a falla de prazas. Esixen a apertura dunha nova aula de infantil.


Xosé Ramón Barreiro no 2006 diante do monumento inaugurado en Carral en 1904

O fusilamento dos Mártires de Carral

Sociedade 26/04/2015
  Envía a túa opinión

O 26 de abril de 1846 produciuse o fusilamento dos denominados Mártires de Carral. Un pronunciamento militar progresista rematou sendo un xérmolo do galeguismo que durante anos lembrou aquela rebelión que comezara en Lugo e se extendeu por Teo e Santiago de Compostela. Un monumento en pedra de Asorey lembra aqueles homes que deron a vida por un ideal.


Parte da poboación queda excluída do sistema

PP e Ciudadanos desatenden o convite das organizacións médicas para restituír a sanidade universal

Institucional 22/04/2015
  Envía a túa opinión

O debate político galego vén de vivir unha polémica arredor da suposta censura que a Xunta de Galicia tería exercido sobre un informe do Comité Galego de Bioética, feito que provocou a renuncia da maioría dos seus membros. O que facía aquel informe era volver criticar o Real Decreto Lei 16/2012 que a Administración Rajoy, con Ana Mato aínda a á fronta do Ministerio de Sanidade, promoveu de xeito urxente para, supostamente, garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde. O documento do Comité de Bioética sinalaba o que tantos outros veñen denuciando. Que a norma introducía principios de desigualdade na atención sanitaria pública, que eliminaba a súa gratuidade e, sobre todo, a súa universalidade. Inés Fernández, vogal de Dereitos Humanos e Xénero de Médicos do Mundo, sinala que tres anos despois da aplicación, o Goberno non é quen de render contas sobre o suposto aforro. A súa organización, canda AGAMFEC, Foro Galego de Inmigración, MEIGA, Asociación de Estudantes de Medicina e SOS Sanidade Pública convidaron ás forzas políticas galegas a asinaren unha Declaración institucional pola Universalidade do Dereito á Saúde. PP e Ciudadanos desatenderon o convite, que si asumen PSdeG, BNG, Anova, EU, Podemos e UPyD.


Inicio da construción da ponte do Pedrido (F.Arquivo do Reino de Galicia)

A ponte do Pedrido achegou Ferrol e A Coruña

Sociedade 20/04/2015
  Envía a túa opinión

A ponte do Pedrido inaugurouse o 16 de abril de 1943. A comunicación terrestre entre Paderne e Bergondo comezara a facerse realidade en 1939. Os enxeñeiros Eduardo Torroja e César Villalba proxectaron unha ponte de 520 metros de lonxitude e 7 metros de ancho. Divídese en tres treitos e continua a dar servizo á AC-164.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros