Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Afectados na Casa do Concello de Salvaterra do Miño

Alto cargo da Xunta imputado por presuntas falsedades

Sociedade 01/04/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O actual presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Antonio José Bone Pina,, foi chamado a declarar como imputado polo Xulgado de Instrucción 1 de Santiago polas presuntas falsedades atopadas nas cartas que remitiu aos veciños afectados polo porto seco, en Salvaterra e As Neves. Na misiva indicabase que un decreto do goberno bipartito fixando as indemnizacións que lle correspondían aos expropiados, fora tramitado sen ser analizado, nin autorizado nin aprobado pola Autoridade Portuaria e o Consorcio da Zona Franca de Vigo.


O deputado do BNG Francisco Jorquera lembra que os directivos das Caixas son empregados, non os donos.

Son empregados, non os donos

Sociedade 29/03/2010
  Envía a túa opinión

Límite 48 horas. É o tempo que lles queda ás caixas de aforro galegas para decidir se están dispostas a asumir unha fusión entre elas ou procuran unha solución distinta, que debera pasar necesariamente por unha alianza con outra entidade foránea, para sobrevivir dentro do novo escenario financeiro de concentración. Responsables de Caixa Galicia e Caixanova, da Xunta e do Banco de España continuaron nesta xornada coas negociacións desenvolvidas durante toda a fin de semana e ás que non se lles quere dar publicidade.


Cartaz de Nunca menos

Axenda cultural completa en Redondela

Sociedade 26/03/2010
  Envía a túa opinión

Fin de semana cultural con cine e teatro en Redondela. As actividades arrincan ás oito deste serán cun concerto no Multiusos da Xunqueira pechando o ciclo “Marzo muller” organizado pola concellería de igualdade. Interpretaranse cancións populares como “a muiñeira de Monte Sampaio” ou “A canción do emprerador”, todo conducido pola contacontos e actriz, Ana Carreira. Logo soben ao escenario as componentes de “El sueño de Calíope” quenes lerán poemas musicados. A música tradicional chega da man das Tanxedoras do Pandeiro e a continuación é a quenda do grupo Velaiquí. Unha formación que naceu hai 6 meses composta por homes e mulleres de A Chapela. Tocan o bombo, a gaita, o pandeiro e o tamboril.


Cartaz da festa

“Para colleitar soños, hai que sementar realidades”

Sociedade 26/03/2010
  Envía a túa opinión

Este é o lema da Asociación Cultural Meiro, do Concello de Bueu, dedicada a recuperar o millo corvo. Partindo do cultivo tradicional desta variedade de cereal, o colectivo está realizar diversos proxectos a prol do patrimonio cultural, etnográfico, medio ambiental e gastronómico. O millo corvo é unha variedade de millo, caracterizada pola súa cor negro e a súa resistencia, practicamente extinguida na comarca do Morrazo ata que desde desde a Asociación Cultural Meiro se decidiron a non deixala morrer. A súa supervivencia podemos comprobala esta fin de semana na décimo segunda edición do encontro degustación do millo corvo.


Os vigueses volven enfrontarse esta fin de semana ás tropas napoleónicas

Sociedade 25/03/2010
  Envía a túa opinión

Tropas francesas, curas absolutistas, peixeiras decimonónicas e aventureiros portugueses invaden esta fin de semana as rúas de Vigo. A cidade olívica celebra a Festa da Reconquista, na que se recrea o levantamento popular que, o 28 de marzo de 1809, venceu ás tropas napoleónicas. Este acontecemento histórico tivo gran transcendencia para Vigo, que gañou o título de cidade, e tamén para o devir xeral da contenda contra o exército imperial, xa que se considera un precedente da vitoria da Ponte Sampaio.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros