Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Celeiro, Figueroa e Polín, na presentación de esta maña

Os roteiros de ADEGA elixen o Camiño Primitivo a Santiago para as súas rutas no 2009-2010

Sociedade 21/10/2009
  Envía a túa opinión

ADEGA presentou hoxe en Lugo o seu Programa de Roteiros para o 2009-2010 e que comezará este vindeiro domingo cunha ruta pola Serra Do Iribio. A celebración do Xacobeo 2010 determinou as distintas actividades que levarán a cabo desde esta organización ecoloxista e que terán no Camiño Primitivo a Santiago o seu espazo para os roteiros. O principal obxectivo desta acción é combinar o aspecto lúdico coa reivindicación medioambiental e cultural.


Agustín Baamonde, Joaquín García, Olga Iglesias e Gerardo Criado, durante a rolda de prensa de hoxe en Vilalba

O PPdeG cualifica como “insuficientes para Lugo” os Presupostos Xerais do Estado

Sociedade 19/10/2009
  Envía a túa opinión

O PPdeG escolleu Vilalba para inaugurar a serie de visitas ás capitais de comarca da provincia de Lugo para explicar o seu posicionamento fronte aos Presupostos Xerais do Estado para o ano 2010. o grupo popular, personificado nos seus deputados no Congreso, Joaquín García e Olga Iglesias, cualificaron os orzamentos como “insuficientes” e acusaron ao Goberno Central de “non incluír ningún proxecto novidoso, senón que o que van traer son mais retrasos e menos investimento para Lugo”.


O escritor Xavier Docampo

O Muíño do Rañego de Vilalba acollerá a homenaxe a Xavier Docampo o vindeiro sábado 24

Cultura 16/10/2009
  Envía a túa opinión

A Fundación Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos organizarán unha homenaxe ao escritor de Rábade Xavier P. Docampo para o sábado 24 de outubro. Baixo o título “Nun lugar dos soños”, o acto comprenderá a colocación da cuarta escultura do Hectómetro Literario no Paseo dos Soños en Vilalba. Posteriormente terá lugar unha mesa redonda e un xantar de confraternidade.


A responsable do SLG Lidia Senra participará nas xornadas sobre as minas de mañá en Muimenta

O SLG organiza mañá unha xornada informativa sobre as minas en Muimenta

Sociedade 15/10/2009
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego (SLG) porá en marcha mañá en Muimenta, Cospeito, unha xornada informativa sobre a problemática das minas de cuarzo na Terra Chá. Esta iniciativa, que terá lugar no Asador Cabuxo desta localidade chairega, comezará as 11 horas da mañá e se estenderá ata as 18.00 horas da tarde.


Cartel do Torneo

Deporte e solidariedade xúntanse no torneo de Tae Kwon Do “Concello de As Pontes”

Deportes 15/10/2009
  Envía a túa opinión

A Escola de Tae Kwon-Do Moo Duk Kwan de Vilalba, a Escola Municipal de Tae Kwon-Do de As Pontes e o propio Concello pontés organizan, para o vindeiro sábado 31 de outubro nesta localidade coruñesa, o comezo da Liga Moo Duk Kwan e o Torneo de Tae Kwon Do “Concello de As Pontes”. Un dos obxectivos destas dúas actividades será, ademais do deportivo, que cada un dos asistentes acheguen a cantidade de 1 euro, que ira destinado á ONG "O Sorriso de África", que actúa en Gambia escolarizando a mais de 250 nenos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros