Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Lamazares diante dunha das súas obras

A pintura de Antón Lamazares e a escultura de Manolo Paz fanse un oco no Play-doc

Cultura 04/03/2010
  Envía a túa opinión

O Festival Internacional de Documental de Tui prepara do 17 ao 21 de marzo dúas exposicións dos artistas galegos Antón Lamazares e Manolo Paz. Estas poderanse ver durante o festival, que presenta desta volta 29 títulos e dous concertos que subliñan o carácter multidisciplinar desta cita. Na sección de Documentais Galegos estrearase o filme Horizonte sen dono, que confía na palabra de Antón Lamazares para cimentar un discurso que fala da orixe dos impulsos creativos. O documental de Nayra e Javier Sanz Fuentes grava conversas do pintor con amigos, familiares e outros artistas sen fixar un rumbo, polo simple pracer de escoitar. Unha práctica que se foi perdendo nunha sociedade especialmente tecnolóxica, como critica Lamazares coa súa obra.


Cartaz do festival do 2009

Máis de cinco mil euros repartiranse nos “Goya” galegos

Cultura 02/03/2010
  Envía a túa opinión

O 15 de marzo remata o prazo para presentar curtametraxes e videoclips á VII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 19 ao 22 de maio de 2010 en Cans (O Porriño).  O Festival entregará este ano 5.600 euros en premios, ao que se suman os Cans de Pedra, estatuíñas co emblema do festival realizadas polo artesán canteiro local Paco Candán. En total entregaranse 9 galardóns: seis para curtametraxes, dous para videoclips e un premio honorífico.


As vendas de automóbiles medraron en febreiro

UXT propón reducir xornada para evitar despidos nas auxiliares de Citroen

Sociedade 01/03/2010
  Envía a túa opinión

UXT propón reducir a xornada nas fábricas que fornecen pezas a Citroën para evitar que estas apliquen despidos a raíz do recorte do 40% da produción anunciado pola factoría de PSA. Os responsables uxetistas, advertiron hoxe en Vigo que non aceptarán expedientes de regulación de emprego por esta causa, aínda que recoñeceron que a situación na que está o sector é delicada.


O temporal xa afectou na costa dias atras

O temporal arreciará mañá sábado desde as 3 da tarde

Sociedade 26/02/2010
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel vermello para esta fin de semana, con ventos que poden superar os 140 quilómetros por hora en toda a comunidade a partires das 15.00 horas, polo que se recomendan extremar as precaucións. O goberno autónomo dirixiuse tamén ás compañias eléctricas para que reforcen os seus servizos. Intentase evitar o colapso na rede de suministro acontecido en xaneiro do 2009 con ocasión do ciclón Klaus.


Os internos do cárcere da Lama poñen en marcha unha emisora de radio

Sociedade 24/02/2010
  Envía a túa opinión

Sen saír das paredes dun cárcere pódense pór en marcha iniciativas que teñen que ver coa liberdade. Así o demostra A Radio, un proxecto de nome común e características singulares. No centro penitenciario A Lama (Pontevedra) inaugurouse unha emisora xestionada polos propios internos, despois de que estes recibiran durante dous anos formación a cargo da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso).

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros