Publicidade Dia dos Medios en galego
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 21 de Febreiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Os internos do cárcere da Lama poñen en marcha unha emisora de radio

Sociedade 24/02/2010
  Envía a túa opinión

Sen saír das paredes dun cárcere pódense pór en marcha iniciativas que teñen que ver coa liberdade. Así o demostra A Radio, un proxecto de nome común e características singulares. No centro penitenciario A Lama (Pontevedra) inaugurouse unha emisora xestionada polos propios internos, despois de que estes recibiran durante dous anos formación a cargo da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso).


Cartaz de Sopa de alg-as

María Lado imparte obradoiro de poesía en Vigo

Cultura 18/02/2010
  Envía a túa opinión

Comunidade subacuática e de arte libre. Defínese así a asociación alg-a. Esta fin de semana adicanlle unhas xornadas á poesía. María Lado impartirá un obradoiro e haberá lecturas e actuacións. Leo i Arremecaghona e Aid contribuirán coa sua música ao evento.


A firma galega Blue Mobility instalará 15.000 puntos de recarga para coches eléctricos

Enchufes en troques de estacións de servizo

Sociedade 17/02/2010
  Envía a túa opinión

Nun horizonte de dez anos, o 20 por cento dos automóbiles que se matriculen serán eléctricos. Velaí o novo mercado que pretende explotar a empresa galega Blue Mobility Systems, que dende outubro comezará a espallar pola nosa xeografía puntos de recarga para este tipo de vehículos alimentados por enerxía limpa. A partir de outono comercializaránse sete modelos de coche eléctrico que precisarán para a súa repostaxe de enchufes de recarga. O presidente de Blue Mobility, Alberto Casal, avanzou en Radiofusiòn que antes de entrar na próxima década teremos á nosa disposición 15.000 conexións espalladas por cidades, centros comerciais e estacionamentos públicos para darlle servizo a unha clase de transporte que, no curto prazo, representará o 5 por cento do noso parque móbil.


Os familiares de enfermos de Alzheimer piden a creación de Unidades de Atención Terapéutica no rural

Sociedade 16/02/2010
  Envía a túa opinión

En Galicia a meirande parte dos enfermos de Alzheimer pertencen ao eido rural, pero as cidades concentran a maioría das infraestruturas e dos recursos de información e formación. Para solucionar esta situación, a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Doentes de Alzheimer (FAGAL) propúxolle á Xunta de Galicia a creación de Unidades de Atención Terapéuticas naqueles puntos do territorio onde non chegan os centros de día.


Protesta do plantel de Bosch hoxe en Vigo

Os dados dos usuarios de Vodafone a Chile ou Perú

Sociedade 15/02/2010
  Envía a túa opinión

O plantel da multinacional Bosch en Vigo mantivo hoxe unha folga para protestar contra o que cualifican como unha “deslocalización” do servizo cara Latinoamérica. Os 80 traballadores concentrados ante a sede da empresa afirmaron que a dirección pensa ofrecer o seu traballo a países como Chile ou Perú para abaratar custos, malia que, segundo denuncian, na oficina viguesa as condicións de traballo xa son precarias e as nóminas baixas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros