Feridos graves tres veciños de Ferrol nun accidente rexistrado esta pasada madrugada en Cerceda. Segundo a información facilitada esta mañá pola Garda Civil de Tráfico, o sinistro produciuse ao redor das cinco da madrugada na estrada AC523, na confluencia coa AC400.
A novidosa planta circular da Biblioteca Municipal de Narón chama a atención dos visitantes. Unhas modernas instalacións que agochan máis de 50 mil volumes, espallados nos seus tres andares culminados por unha gran e circular cúpula. A forma esférica do edificio non axuda a súa funcionalidade. Segundo a bibliotecaria, Ainhoa González Rodríguez, impide a posibilidade de extensión, a redistribución interior e o peche de espazos. Ademais os andares comunícanse pola existencia da cúpula e non se poden desenvolver actividades sin molestar ao resto de usuarios/as. Pero a biblioteca é moito máis que o edificio. O seu moderno equipamento, conta con 30 ordenadores, e a súa gran oferta cultural e bibliográfica faille posuídora de máis de 13 mil usuarios, incluso doutros concellos.
A obra, impulsada pola Concellería de Maiores, preséntase este sábado no Auditorio Municipal da Praza de Galicia. A función comezará ás oito do serán, con entrada de balde.
Este sábado, ás 20,30 horas, os ferroláns e as ferrolás teñen unha cita coa selección española de fútbol na Praza de España. Finalmente Concello, comerciantes e hosteleiros decidiron manter neste recinto a pantalla xigante instalada para seguir os partidos do Mundial de Sudáfrica ante a avalancha de seguidores da selección congregados o pasado martes.
Baixo o título “Unha ollada natural” o pintor e deseñador Carlos Silvar presenta unha nova entrega da Colección Fauna Galega para a Galería Sargadelos. Unha entrega en porcelana das aves mariñas máis coñecidas e comúns da nosa costa acompaña de ilustracións. Desde 1980 o artista vén colaborando co Grupo Sargadelos principalmente coa creación de figuras decorativas e pezas ultilitarias de porcelana. Esta serie de aves do mar galegas deseñouna hai 15 anos.