A cantante e pianista estadounidense Norah Jones dará este verán un concerto en Vigo. Será o próximo 14 de xullo no parque de Castrelos. A actuación é unha das tres paradas en España que xa confirmou a cantante norteamericana na súa xira europea para presentar o seu cuarto disco «The fall».
O festival internacional de documentais galego confirma unha vez máis a súa proxección exterior, proba diso son as máis de 800 obras procedentes de todo o mundo inscritas para participar na sexta edición deste certame que terá lugar do 17 ao 21 de Marzo de 2010. Play-Doc fíxose un oco no calendario internacional dos festivais dedicados a este xénero grazas, entre outras cousas, á ampla lista de recoñecidos realizadores que xa pasaron por este evento, como Lech Kowalski, Victor Kosakovski, Avi Mogravi, Rithy Pahn, Carles Bosch, Audrius Stonys, e un longo etcétera.
Reducir o marisqueo ilegal é o obxectivo do plan de seguridade que funciona na zona de Cesantes, financiado ao 50% entre a Xunta e os armadores. O patrón maior denuncia con todo o abandono que sobre a confraría por parte das administracións e que impide ter unha instalacións en condicións. Un plan de seguridade que permite controlar a recollida ilegal de marisco na zona de Cesantes e que se financia ao 50% entre a Xunta de Galicia e os propios mariñeiros e mariscadores. De feito, segundo explicou o patrón maior de Redondela, Clemente Bastos, cada armador cede un 4% das súas ganancias para financiar este plan e protexer os bancos dos furtivos.
O catedrático Xulio Astor será o encargado de impartir a charla-coloquio sobre alimentación saudable que vai ter lugar este xoves 4 de febreiro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Redondela (Pontevedra). A asociación de consumo responsable Loaira organiza este xoves unha charla sobre alimentación saudable que correrá a cargo do catedrático de bioloxía e membro da Sociedad Española de Dietética y Ciencias de la Alimentación (SEDCA) Xulio Astor. Coautor do libro "Alimentación Saudable" falaranos cunha linguaxe sinxela e amena de todas aquelas cuestións a ter en conta polos consumidores para que poidan comprar de xeito consciente.
Nelson Santos, de Ciudadanos por Porriño, é o novo alcalde dese municipio pontevedrés tras prosperar a moción de censura que, xunto ao Partido Popular e Independentes por Porriño, presentou contra o ata hoxe rexedor Raúl Francés, do BNG. A iniciativa saiu adiante con 9 votos a favor e 8 en contra.