Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

A compañía Títeres Seisdedos nunha das súas funcións

Os pequenos desfrutarán mañá cos títeres da compañía Seisdedos no Museo Provincial de Lugo

Cultura 02/10/2009
  Envía a túa opinión

Mañá sábado, contra as 12.30 horas, os mais cativos da casa teñen unha cita no Museo Provincial de Lugo cos títeres e coa produción “O galo Quirico e os seus amigos”, de Títeres Seisdedos. Este espectáculo combina unha función de monicreques tradicionais coa música en directo.


Arsenio Paz, Javier Blanco e Dolores Rouco, xunto co responsable de divulgación de Sotavento, Manuel Díaz, na entrega dos premios

Sotavento entrega os premios do VII Certame Renovable 2009

Sociedade 01/10/2009
  Envía a túa opinión

O VII Certame Renovable 2009 organizado pola Fundación Sotavento Galicia xa ten nomes para os seus premios. A institución xermadina entregou onte os galardóns correspondentes ás categorías de Fotografía e Obradoiros. Así, Arsenio Paz Cibreiro recibiu o primeiro premio de experimentos e obradoiros pola construción da maqueta dunha vivenda tradicional renovable. Javier Blanco Otero obtivo o 1º premio de fotografía pola súa instantánea aérea “Sentados  nunha nube”, mentres que o 2º caeu nas mans de Antón Valín Valdés, que recolleu Dolores Prado Rouco no seu nome, pola imaxe titulada “Mecidas polo vento”.


Imaxe dun dos adestramentos do Galibudo 2009

175 loitadores de artes marciais xúntanse en Vilalba no Galibudo 2009

Deportes 01/10/2009
  Envía a túa opinión

A VII Convención Internacional de Artes Marciais Galibudo-09 vén de ter lugar en Vilalba. A colaboración da Deputación de Lugo e o Concello da vila chairega permitiu unha nova celebración deste evento, que contou con grandes mestres de disciplinas como o Tae Kwon Do, o Jiu Jitsu, Karate ou Kenkido; e que se saldou coa participación de 175 practicantes provenientes de Galicia, Madrid, Tarragona, Guadalajara, Murcia, Valencia, Portugal, USA ou Corea.


Cartel da II Edición da Festa da verza e do cocido

Labrada comeza o outono con sabor a cocido

Sociedade 01/10/2009
  Envía a túa opinión

Labrada e Guiritiz dan a benvida ao outono con boas viandas para un bo xantar festivo. Será este sábado cando teña lugar a 2º edición da “Festa da verza e do lacón cocido” desta parroquia guitiricesa. Todos os que desexen comezar ben o primeiro fin de semana de outubro poden acudir ao atrio da igrexa de Labrada para dar conta dun bo cocido e pasalo ben coas actividades programadas desde a comisión organizadora do evento, a Plataforma pro Labrada.


O autor do libro, Uxío Breogan Diéguez Cequiel

O nacionalismo galego, a debate hoxe no Centro Uxío Novoneyra de Lugo

Cultura 01/10/2009
  Envía a túa opinión

O Centro Uxío Novoneyra de Lugo acolle, contra as 20 horas do serán, a presentación do libro do historiador Uxío Breogán Diéguez Cequiel, “O nacionalismo galego nos seus programas políticos”, publicado pola Fundación Galiza Sempre, en colaboración coa Deputación de A Coruña e a Revista “Murguía”. Ao acto acudirán o propio autor e o director desta institución cultural galega, Xabier Macías.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros