Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz da feira

A artesanía “a tabla de salvación de moitos traballadores”

Sociedade 22/12/2009
  Envía a túa opinión

Baixo o lema “Regalos auténticos” estase a celebrar en Vigo a Feira “ O feito a man”. O evento xa conta con 25 anos de existencia e constitúe un referente do nadal da cidade olívica sendo actualmente a maior feira de toda a provincia de Pontevedra. Unha cita onde adquirir produtos artesanais coa etiqueta “ made in Galicia” realizados por pequenos obradoiros.


Pelu Vidal, fotógrafo solidario

2 nenos saharauis no deserto do Tindouf

Sociedade 19/12/2009
  Envía a túa opinión

Dous nenos saharauís son os protagonistas das imaxes que o fotógrafo Pelu Vidal mostra ata o vindeiro 18 de xaneiro na Casa da Torre de Redondela (Pontevedra) dentro dun proxecto promovido pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO). Unha recompilación das imaxes tomadas polo fotógrafo redondelán ao longo de dous meses de convivencia con algúns dos nenos que forman parte do programa Vacacións en Paz retratan os contrastes cos que se enfrontan os cativos que anualmente participan deste programa.


A emigración muda de América a Europa nos anos 60

Os fillos da modernidade

Cultura 14/12/2009
  Envía a túa opinión

A xeración de galegos  de 1950, protagonistas das grandes mudas socioeconómicas habidas na Galiza dese tempo, son as voces recollidas no estudo de Manuel Pérez Rúa que ven de ser galardoado co premio ensaio Ramón Piñeiro 2009, impulsado pola editorial Galaxia, a fundación Gas Natural-Unión Fenos e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O trasvase campo-cidade, os procesos de industrialización, os cambios ideolóxicos, relixiosos e lingüisticos son algúns dos aspectos que, a través das vivencias directas dos seus persoaxes,  se estudan nesta radiografía social da Galiza de mediados do século XX.

   


Os nenos rodarán esceas e crearán películas

Xogando coa maxia do cine

Sociedade 11/12/2009
  Envía a túa opinión

Xogar ao cine de ficción, inventando historias e personaxes que logo se rodan en secuencias, facer documentais ou experimentar co cine de animación facendo bonecos de plastilina, son algunhas das máxicas actividades que os nenos de Vigo poderán realizar no primeiro obradoiro de cine para nenos que organizará a Asociación Vigo Film Comisión en colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia. “Nadal de Cine” impartirase do 23 de decembro ao 5 de xaneiro no IES Audiovisual de Vigo e terá como monitores aos propios alumnos dos ciclos de Producción e Audiovisuais do instituto.


Cartaz do espectáculo

“ E un condón por si pillo!”

Sociedade 09/12/2009
  Envía a túa opinión

Este é o título da historia con forma de monólogo na que Rober Bodegas lembra a chegada do seu espertar sexual, e como, grazas á intervención de personaxes tan dispares como Lorena Berdún, John Lennon ou Bruce Lee, conseguiu dar o paso de neno a home (vamos, que botou un polvo). O de Carballo sobe ao escenario do Bar Liceum de O Porriño este sábado con este novo espectáculo. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros