Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

O lixo acumulado no río Rato será limpado o vindeiro domingo por ADEGA

O Xulgado do Contenciosos de Lugo estima un recurso de ADEGA contra a urbanización das Costas do Parque Rosalía de Castro

Sociedade 25/09/2009
  Envía a túa opinión

O Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo estimou o recurso presentado pola Asociación Cultural Parque de Rosalía e ADEGA contra a decisión do Concello de Lugo de permitir a construción dunha urbanización preto das Costas do Parque Rosalía de Castro de Lugo. Estas accións referidas na sentenza son, entre outras, a desestimación por parte do Concello do escrito dirixido por esta Asociación Cultural para que paralizase a obra que se está a levantar nese lugar e que corresponde á parcela denominada CS-5.


A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato

Primeiro día de escola coa Conselleira de Traballo e benestar de mestra

Sociedade 25/09/2009
  Envía a túa opinión

A gardería de Cospeito contou cunha visita especial no seu día de inauguración. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, foi a encargada de oficializar a apertura desta instalación situada na Feira do Monte. Segundo  explicou a titular deste departamento autonómico, esta escola infantil “permitirá ás familias da zona  a conciliación da vida familiar e laboral”. Esta nova infraestrutura, abriu as súas portas cinco anos despois de que o Concello de Cospeito e a Xunta de Galicia chegasen a un acorodo para a súa construción. O orzamento achegado polo executivo galego  foi de 216.000 euros, e a gardería conta cun total de 41 prazas, divididas en 3 unidades.


Eduardo Vidal, na reunión mantida onte

O CETAL liderará un proxecto para crear unha denominación das Razas de Gando españolas

Sociedade 25/09/2009
  Envía a túa opinión

O Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL) recibiu a visita do secretario xeral da Federación de Razas Autóctonas Españolas (FEDERAPES), José Ramón Justo Feijoó; da directora técnica da Marca Xata Roxa, María Fernández Fernández; do director técnico do Programa Conserva de la Gallina de Mos; Diego Rois Losada, e do secretario executivo da Asociación Española de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Asturiana de Los Valles y de la Montaña (ASEAVA), Ángel Rodríguez Castañón; para propoñer a súa colaboración nun proxecto que pretende situar no mercado liñas de gran pureza seleccionadas de entre as diferentes razas autóctonas españolas (equina, bovina, ovina-caprina, canina, aves, coellos, porcina).


O Senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, durante unha intervención na cámara alta

O BNG denuncia no Senado a saturación da conca do Sil

Sociedade 23/09/2009
  Envía a túa opinión

A intervención de onte do Senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, no Senado arrancou coa denuncia da “saturación que padece a conca hidroeléctrica do Miño–Sil por mor da ubicación de máis de 70 centrais hidroeléctricas ao longo do seu percorrido,sendo moitas delas encoros”. Ademais, o representante nacionalista na cámara alta tamén indicou que as actuacións do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño están a provocar un grave “impacto ambiental”.


Os alumnos do CEIP Santa María de As Pontes na actividade de Sotavento

Sotavento celebrou a Semana da Mobilidade montando en bicicleta

Sociedade 23/09/2009
  Envía a túa opinión

Onte púxose fin na Fundación Sotavento a Semana Europea da Mobilidade, que se celebrou entre o 16 e o 22 deste mes. Esta iniciativa, que parte da Unión Europea, ten a intención de concienciar aos cidadáns das consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros