Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

A emigración muda de América a Europa nos anos 60

Os fillos da modernidade

Cultura 14/12/2009
  Envía a túa opinión

A xeración de galegos  de 1950, protagonistas das grandes mudas socioeconómicas habidas na Galiza dese tempo, son as voces recollidas no estudo de Manuel Pérez Rúa que ven de ser galardoado co premio ensaio Ramón Piñeiro 2009, impulsado pola editorial Galaxia, a fundación Gas Natural-Unión Fenos e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O trasvase campo-cidade, os procesos de industrialización, os cambios ideolóxicos, relixiosos e lingüisticos son algúns dos aspectos que, a través das vivencias directas dos seus persoaxes,  se estudan nesta radiografía social da Galiza de mediados do século XX.

   


Os nenos rodarán esceas e crearán películas

Xogando coa maxia do cine

Sociedade 11/12/2009
  Envía a túa opinión

Xogar ao cine de ficción, inventando historias e personaxes que logo se rodan en secuencias, facer documentais ou experimentar co cine de animación facendo bonecos de plastilina, son algunhas das máxicas actividades que os nenos de Vigo poderán realizar no primeiro obradoiro de cine para nenos que organizará a Asociación Vigo Film Comisión en colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia. “Nadal de Cine” impartirase do 23 de decembro ao 5 de xaneiro no IES Audiovisual de Vigo e terá como monitores aos propios alumnos dos ciclos de Producción e Audiovisuais do instituto.


Cartaz do espectáculo

“ E un condón por si pillo!”

Sociedade 09/12/2009
  Envía a túa opinión

Este é o título da historia con forma de monólogo na que Rober Bodegas lembra a chegada do seu espertar sexual, e como, grazas á intervención de personaxes tan dispares como Lorena Berdún, John Lennon ou Bruce Lee, conseguiu dar o paso de neno a home (vamos, que botou un polvo). O de Carballo sobe ao escenario do Bar Liceum de O Porriño este sábado con este novo espectáculo. 


Loaira quere mover á reflexión sobre as diferentes formas de consumo

O consumo responsable en Redondela

Sociedade 08/12/2009
  Envía a túa opinión

A asociación Loaira de Redondela ven actuando como punto de distribución de alimentación ecolóxica para os seus asociados, poñendo en contacto directo aos consumidores e aos produtores. Deste xeito promoven un consumo responsable, que teña en conta ao produtor e ao medio ambiente. Agora tamén utilizan o cine para suscitar a reflexión en públicos máis amplos.


As precipitacións máis abundantes caeron en Pontevedra

As intensas choivas provocan inundacións en Galicia

Sociedade 06/12/2009
  Envía a túa opinión

Os fortes ventos e as intensas choivas que se rexistran dende a pasada noite en Galicia provocaron esta madrugada inundacións, o desbordamento de rios e a caida de árbores en varios municipios. Segundo dados do 112, durante a noite producíronse anegamentos en Ribeira (A Coruña) e Abadín (Lugo).

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros