Envía a túa opinión
As obras da segunda fase do porto exterior marchan a bo ritmo. De continuar coa actividade como ata o de agora, no mes de outubro os traballos xa estarán rematados, polo que xa se poderá inaugurar a infraestrutura. Para esta posta en funcionamento dun dos portos de referencia de Europa, dende a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao agardan que sexa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen se encargue de conrtar a cinta inaugural, xunto con outras autoridades. Porén, aínda que a obra se está a executar dentro dos prazos, o porto carece a día de hoxe dun elemento fundamental para o seu desenvolvemento, como é a conexión ferroviaria que uniría as instalacións de Caneliñas cos princiapais centros industriais da zona, como pode ser As Pontes. Dende a Autoridade portuaria aceptan a opción do Ministerio de Fomento de construir unha vía alternativa Sur, infraestrutura que tamén está a cumprir os prazos estipulados.
Envía a túa opinión
Efectivos da Garda Civil procederon na tarde de onte a desmantelar unha plantación de marihuana no interior dunha vivenda da rúa Xurreira en Barallobre (Fene). A Benemérita procedeu ao rexistro do domicilio acompañado do seu inquilino e máis dun familiar. No rexistro incautaron duas pistolas e unha escopeta de balíns.
Envía a túa opinión
O 26 de agosto de 1910 dábase por constituído o que hoxe coñecemos como a Autoridade portuaria de Ferrol- San Cibrao. Con motivo desta data, están programados unha seria de actos conmemorativos para mañá co que se pretende dar conta da importancia dunhas instalacións como as que a día de hoxe goza o porto de Ferrol. Un dos actos máis destacados celebrarase ás 6 da tarde na sede da fundación caixagalicia, onde se presentará un libro escrito pola historiadora Maria Sande, baixo o título “un século de autoridade portuaria”. Ó acto asistirá a conselleira do mar Rosa Quintana. Os actos continuarán de seguido na sede da autoridade portuaria onde se inaugurará unha exposición que mostra a evolución e o crecemento da autoridade nos seus 100 anos de vida. A xornada tamén está pensada para os máis pequenos. Dende as 11 da mañá haberá xogos para os máis pequenos no propio porto que se prolongarán durante toda a xornada e tamén un concurso de debuxos.
Envía a túa opinión
Facer que as bibliotecas do concello de ferrol sexan accesibles para todo o mundo. Iso é o que persegue o novo proxecto presentado esta mañá polas responsables das concelleiras de benestar social e de cultura e educación. A iniciativa nace da colaboración entre entre a Oficina Municipal de Voluntariado e a Biblioteca Central de Ferrol. Precisamente serán voluntarios do programa “queres que che lea?” os encargados de repartir polos domicilios das persoas dependentes o material solicitado sempre e cando as solicitudes se fagan dentro do núcleo de Ferrol. No caso de que as solicitudes proveñan de lugares máis afastados, a entrega farase por correo. A concelleira de cultura e educación, Mercedes Carbajales, explicaba que se trata de facilitar o servizo de préstamo asistencial a domicilio que leva a cabo a Biblioteca Municipal ás persoas residentes en Ferrol que teñan graves dificultades de mobilidade, ben porque presentan un grao importante de minusvalía, ben porque padecen algunha enfermidade que lles impide ou dificulta a saída do propio domicilio, circunstancias estas que deberán de acreditar.
Envía a túa opinión
Esta noite Ferrol asiste á actuación estelar de D'Nash, agrupación andaluza constituída no ano 2005 que fixo o seu debút co disco “Capaz de todo”, pero que alcanzou a súa popularidade principalmente pola súa participación no festival de Eurovisión de 2007, cando representaron a España co tema “I love you mi vida”. Subirán ao escenario da Praza de España ás 22.00 horas.