Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

O lixo nas rúas de Lugo, o dia de inicio do Arde Lucus

Urbaser négase a negociar en Lugo

Sociedade 13/06/2014
  Envía a túa opinión

O Concello de Lugo pediulle a Tragsa que recollera o lixo a pasada noite. Pero a empresa pública alegou falla de tempo para poñer en marcha o servizo. Os traballadores da recollida do lixo de Urbaser en Lugo están en folga dende o pasado luns. Solicitan o mantenemento das percepcións salariais de anos anteriores. A empresa concesionaria négase a negociar mentras continue o paro.


Obra de Forges sobre A Fonsagrada

Temos todo para o xornalismo, só falta que nos paguen

Sociedade 07/06/2014
  Envía a túa opinión

O humorista gráfico Forges, que recolleu en Guadix (Granada) o Premio de Xornalismo Pedro Antonio de Alarcón, cre que, co avance das novas tecnoloxías, tense "todo" para exercer o xornalismo, aínda que apostilou que é esencial que estea ben remunerado.Segundo Forges, a profesión  sempre viviu "un mal momento" e de feito, engadiu, "se non houbese malos momentos no xornalismo non habería xornalistas, nin xornalismo". O debuxante ten vencellos coa vila galega da Fonsagrada, onde naceu o seu pai.


Mural de Cestola na Cachola no restaurante Toñi Vicente

Cestola na cachola

Sociedade 06/05/2014
  Envía a túa opinión

O vindeiro sábado día 10 de maio celébrase o Día Internacional do Comercio Xusto, aquel que retorna unha compensación apropiada aos produtores; que crea oportunidades en comunidades con desvantaxes económicas; que garante condicións de traballo dignas; e que permite o desenvolvemento dun modo respectuoso co medio, entre outras moitas definicións. Durante toda esta semana as oenegués lucenses A Cova da Terra e Taller de Solidariedade, desenvolven unha serie de actividades educativas e divulgativas arredor destas prácticas que se presentan co lema “Mellora o mundo, consome xusto”. Esta tarde preséntase o proxecto Cestola na cachola.


O autor presentou as memorias dos seus tempos de crego na Fonsagrada (foto: Diario Vasco)

Xosé Estévez: “Empecei a militar no nacionalismo en segundo curso de Teoloxía”

Cultura 22/04/2014
  Envía a túa opinión

“Díxome: 'Debes escribir as memorias daqueles dous anos que estiveches de crego na Fonsagrada'. Manuel María foi o primeiro que me animou”. En agradecemento a aquel consello, Xosé Estévez presentou na Casa Museo dedicada ao poeta chairego un volume de memorias que funciona como “relato etnográfico, xeográfico e artístico”, explica. “Un crego atípico na Fonsagrada (1967-1969)” é o título da obra editada polo Museo Comarcal fonsagradino, onde tamén achegou o libro ao público: “Foi moi emocionante porque estaban antigos fregueses meus que me recordaban con afecto”. Convertido en segrar ao pouco tempo de deixar Galicia, e recentemente xubilado como docente na Universidade de Deusto -“38 anos estiven cos xesuístas, outra estrutura eclesiástica”, chancea- , Estévez atopou por fin o tempo para facerlle caso ao consello do seu amigo poeta.


Protesta polos recortes na sanidade.Arquivo Radiofusión

Sacar o coche á rúa sen pasar a ITV

Sociedade 15/04/2014
  Envía a túa opinión

A privatización da electromedicina está a provocar deficiencias no funcionamento da sanidade en Galicia, segundo denuncia a Confederación Intersindical Galega. Ademais, critican que non se estean levando a cabo as "revisións" de mantemento, o que podería provocar que os aparellos "fallasen en calquera momento". "É como sacar o coche á rúa sen pasar a ITV".

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros