Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Cartel da feira que se celebra este domingo

A tradición cultural toma A Capela da man de ETNOeume

Cultura 18/08/2013
  Envía a túa opinión

O Museo Etnográfico da Capela contén durante todo o ano unha escolma da memoria e coñecemento tradicional da comarca do Eume a disposición dos que o queiran visitar. Mais esta fin de semana, é o acervo desas terras o que sae ao encontro da xente coa celebración da segunda edición do encontro ETNOeume. O domingo 18 celébrase a feira etnográfica que, ademais de divulgar o traballo do Museo da Capela, servirá para exaltar as tradicións e a cultura popular e dar a coñecer e promocionar os produtos comarcais de artesanía e alimentación. 


Praia de Morouzos (Ortigueira)

O verán xa chegou

Sociedade 21/06/2013
  Envía a túa opinión

Vostedes son libres de crer o que queiran, pero o verán chegou. Non é que o diga eu. Dio o Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago, que fixou exactamente nas 7 e 4 minutos da mañá o comezo da nova estación. O verán, se é que existe e non é unha quimera, estenderase ate as once menos cuarto da noite do día 22 de setembro e durará unha xornada máis que esa primavera invernal, a peor en 30 anos, da que nos queremos desprender. Durante estas próximas xornadas viviremos os días máis longos do ano, e aínda que estea cuberto, podémoslles garantir que o Sol vai asomar polo ceo na nosa latitude durante unhas 15 horas. Se son dos que gustan de admirar a bóveda celeste, saiban que os astrónomos garanten que a choiva das estrelas Perseidas chegará puntualmente este verán na noite  do 12 ao 13 de agosto.


Gatillazo

Os vascos Gatillazo presentan disco en As Pontes

Sociedade 29/05/2013
  Envía a túa opinión

Os herdeiros de La polla Records actúan este venres na sala Oh! Caramba das Pontes. A formación vasca presentará os temas do seu quinto traballo discográfico “Siglo XXI” no que incide no seu plantexamento punk e de crítica social.


Actuación de Suso Vaamonde

Cantan a Suso Vaamonde nas Pontes

Sociedade 21/05/2013
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes - A Coruña- está a organizar para este venres 24 de maio unha homenaxe ao cantautor Suso Vaamonde. As protagonistas serán as Cantareiras de Alende que ofrecerán un concerto no Auditorio Municipal Alovi cun repertorio exclusivo do compositor de Ponte Caldelas. Mini e Mero sumaránse á homenaxe.


O Ceip Santa María (As Pontes) fundado en 1929 polos emigrantes na Habana

O ensino de As Pontes contra Wert

Sociedade 08/05/2013
  Envía a túa opinión

O Consello Escolar Municipal do Concello de As Pontes (A Coruña) ven de manifestar o seu respaldo á xornada de folga estudiantil convocada para o vindeiro xoves, día 9, en protesta pola Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) que pretende aplicar o Ministerio de Educación. Así se acordou no encontro deste órgano onde, de xeito unánime, se expresou o apoio á xornada de protesta convocada para esta semana, un apoio que representaron o propio presidente do CEM e edil de Servizos Sociais, José Alén, e as asociacións de pais e nais dos centros educativos ponteses, tamén representados neste encontro, xunto con integrantes dos colexios do municipio e de diferentes colectivos tamén do concello pontés.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros