Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Presentación do informe da Red Localis

“Cómpre interiorizar a cultura da transparencia, o dereito cidadán a saber”

Institucional 26/12/2015
  Envía a túa opinión

Algunhas das macrocausas xudiciais abertas arestora nos xulgados galegos teñen a ver con supostas prácticas irregulares en procedementos de contratación, con sospeitas de prevaricación ou tráfico de influencias en procedementos habituais nas administracións locais ou provinciais. Diante desta situación, cabe preguntarse se este tipo de situacións se poderían ter evitado cun cumprimento apropiado dos mandatos de transparencia na xestión da cousa pública. A Red Localis, unha iniciativa xurdida ao abeiro das tres universidades galegas e participada por traballadores e especialistas no eido do goberno local, vén de presentar o seu segundo traballo de análise que leva por título “Abrindo portas e fiestras dos concellos galegos. Máis transparencia para un mellor goberno local”. A coautora do mesmo canda José Caamaño, e co directora da Red Localis, Concepción Campos, recoñece que “unha das áreas con maiores dificultades é a contratación” e que “é na modificación de contratos onde adoita haber máis irregularidades no procedemento”.


Colexio electoral

O Partido Popular perde a maioría

Sociedade 20/12/2015
  Envía a túa opinión

Unha coalición entre o PSOE e Podemos é o goberno máis probable á luz do resultado das eleccións xerais celebradas hoxe. Pedro Sánchez requeriría ademais da abstención dos deputados nacionalistas cataláns para derrotar á previsible oposición do Partido Popular e Ciudadanos. "O esforzo para constituir en Galicia unha unidade popular acaba de ser refrendado polos cidadáns como un auténtico éxito, e por primeira vez o pobo galego obtén grupo parlamentar nas Cortes do Estado" afirmou o dirixente de En Marea Xosé Manuel Beiras.


Julio Fernández Gayoso

Directivos de Novacaixagalicia de novo na Audiencia Nacional

Sociedade 15/12/2015
  Envía a túa opinión

Directivos de Novacaixagalicia declararán nos próximos días na Audiencia Nacional por unha das operacións inmobiliarias que denunciou o FROB e está a investigar a Fiscalía Anticorrupción. Espérase que comparezan ante o xuíz Julio Fernández Gayoso, José Luís Pego, Gregorio Gorriarán e Domingo González Mera. A Audiencia condenou no pasado mes de outubro aos directivos da caixa a penas de dous anos de cárcere por un delito de administración desleal en concurso cun de apropiación indebida


Irene Silva, deseñadora creativa de Baiona

Vendas e forzas na feira das industrias culturais

Cultura 06/12/2015
  Envía a túa opinión

Non hai só libros no Culturgal 2015. Propostas musicais, teatrais e de diferentes cooperativas do mundo da creatividade misturanse no Pazo da Cultura de Pontevedra. Tamén acuden pintoras, ceramistas e artesáns de instrumentos musicais.

Conversa con Irene Silva

O cine galego tamén estará presente no Culturgal

Medios en galego debaten no Culturgal

Sociedade 03/12/2015
  Envía a túa opinión

Os medios en galego protagonizarán unha mesa redonda na Feira de Industriais Culturais Culturgal que  esta fin de semana se celebra no Pazo de Congresos de Pontevedra. O debate tamén se poderá seguir a través da rede o venres ás dezasete horas.     

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros