Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Ana Miranda na Feira do Libro de Santiago de Compostela

Ana Miranda pide un IVE cultural reducido

Sociedade 02/05/2014
  Envía a túa opinión

A candidata do BNG para as próximas eleccións europeas, Ana Miranda, pediu ao Parlamento Europeo que promova un "IVE cultural unificado e reducido en toda a Unión Europea" e que "beneficie" aos produtos da cultura, especialmente "os do libro e os relacionados coa música". Así o explicou este venres a candidata nacionalista en declaracións aos medios de comunicación antes de visitar a Feira do Libro de Santiago de Compostela, un evento que definiu como "exemplo da vivacidad da cultura galega" e da súa "creativa" industria.


A concelleira popular, Paula Prado

Jorquera pide que dimita Paula Prado e que Feijóo depure responsabiliades

Sociedade 26/03/2014
  Envía a túa opinión

O  BNG, dixo, ten unha postura “clara e inequívoca”, ante casos de presunta corrupción, o cargo público debe dimitir. O portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, asegurou esta mañá, en sede parlamentar, ante as novas revelacións da Operación Pokémon que “ cando existen evidencias de prácticas presuntamente corruptas, a depuración de responsabilidades debe estenderse a outros cargos políticos aínda que sobre eles non pese ningunha imputación”.


Pescuda na zona de Teixeiro Curtis

Buscan en Teixeiro unha muller desaparecida

Sociedade 25/02/2014
  Envía a túa opinión

O marido da muller de 37 anos desaparecida o pasado domingo en Vilaboa (Pontevedra) ingresou na prisión de Monterroso, en Lugo, onde residía a parella, mentres a Garda Civil traballa na procura desta persoa. Os labores de rastrexo tiveron lugar na tarde do luns en Teixeiro e nestes momentos están centradas en diversas zonas da provincia da Coruña a indicacións do marido da desaparecida en sede xudicial, precisaron as fontes.


Festa do Queixo de Arzúa

La Pegatina e Leilía, na Festa do Queixo de Arzúa

Sociedade 18/02/2014
  Envía a túa opinión

Trinta e nove edicións leva a Festa do Queixo de Arzúa e a participación de grupos musicais de éxito e de diferentes estilos fai que ano tras ano continue congregando na localidade a milleiros de visitantes. O festival comeza o sábado 1 de marzo no Campo da Feira coas actuacións dos vallisoletanos Arizona Baby e os cataláns La Pegatina. Ao remate, na Praza de Galiza, terá lugar a actuación do grupo de A Guarda The Winning Numbers, gañador do  ‘Queixo Maquetón 2014’, que bateu marcas de participación con 263 bandas inscritas! Pecharase a noite coa sesión DJ de Marta Fierro -EME DJ- nese mesmo escenario.


Non se sabe onde repousan os restos de Prisciliano

Descubrimentos en Compostela

Sociedade 15/02/2014
  Envía a túa opinión

Segundo a lenda, no ano 813 o ermitaño Paio descubriu o sepulcro de Santiago o maior no lugar de Sanfiz de Solovio, en Compostela. Na mesma cidade en 2014 descúbrese un novo medio de comunicación. Nace unha radio universitaria, con vocación de facer camiño.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros