Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Reparto de escanos nas Cortes segundo O Mirante de abril

O PSOE iguala en votos con Podemos para liderar a alternativa ao PP

Institucional 10/04/2015
  Envía a túa opinión

A alianza de PP e PSOE é o único acordo bilateral capaz de garantir a maioría absoluta no Congreso de celebrárense hoxe as eleccións xerais. Na resaca dos comicios en Andalucía, as dúas forzas tradicionais e Podemos perden apoios, mentres continúa o ascenso de Ciudadanos e das formacións nacionalistas. Así o establece O Mirante, o informe sobre o panorama electoral e a intención de voto que Carlos Neira Cortizas realiza mensualmente para a Asociación de Medios en Galego. O escenario axitouse no último mes. O Partido Popular perde máis de medio punto nas preferencias do electorado (26%), mais mellora o seu prognóstico de escanos (entre 114 e 121). Acelérase a caída de Podemos, que perde 4 puntos de apoio nun só mes (do 24,6% ao 20,2%) e permite ao PSOE aspirar de novo a ser a segunda forza política no Estado (20,1% de voto).


Integrantes de Chotokoeu

A enerxía de Chotokoeu percorrerá España en abril

Sociedade 28/03/2015
  Envía a túa opinión

O grupo, radicado en Uxes (Arteixo), acaba de gravar o seu segundo disco no sur de Francia, e disponse a emprender a súa primeira xira por España no mes de abril. Despois da presentación deste segundo traballo, iniciarán a que xa é a sexta xira por Europa.


“Perplexo” gañou o mellor espectáculo

Cinco María Casares premian “Perplexo” de IlMaquinario como a obra do ano no teatro galego

Cultura 27/03/2015
  Envía a túa opinión

Os XIX Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadores. A obra  ‘Perplexo’, de IlMaquinario Teatro, fíxose con cinco galardóns María Casares, incluíndo mellor dirección e espectáculo. ‘Ultranoite no país dos ananos’, de Chévere, logrou tres premios, mentres que 'A casa do avó', de Tanxarina, levou o novo premio ao mellor espectáculo infantil. O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolleu unha cerimonia de entrega na que un total de 16 espectáculos competían nas catorce categorías nas que se dividen os galardóns do teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Á gala acudiron máis de 500 convidados, entre profesionais do sector, asociados, xornalistas e convidados en xeral. Todos eles asistiron a unha gala ideada e conducida pola compañía Elefante Elegante, que este ano formulou unha viaxe á multiculturalidade baixo un “ceo de mil bombillas” e co acompañamento musical do grupo Kibitka, formación multiinstrumental que se define a si mesma como unha caravana migratoria. María Torres e Gonçalo Guerreiro, de Elefante Elegante, codixiron a gala destes María Casares na que Vicente Montoto recibiu o premio de Honra Marisa Soto e o escritor Xurxo Borrazás leu o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro. 


Cartel coas actividades de divulgación

Enxeñería sen Fronteiras e o Fondo Galego impulsan o acceso á auga potable en Honduras

Sociedade 23/03/2015
  Envía a túa opinión

Mellorar o acceso á auga e ao saneamento en sete municipios é o obxectivo último do proxecto que a ONGD Enxeñería sen Fronteiras (ESF) e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade apoian en Honduras. Para acadalo, estanse a desenvolver no Golfo de Fonseca formacións e estudos co fin de promover unha xestión integrada do recurso hídrico. No ronsel do Día Mundial da Auga, que se celebra cada 22 de marzo, ESF dará a coñecer a iniciativa en varias actividades na Universidade da Coruña que botaron a andar este mediodía.


Foto cos membros da asociación

ASPADISOL de Oleiros realizará un curso de xardinería

Sociedade 19/03/2015
  Envía a túa opinión

A Deputación da Coruña asinou un convenio esta mañá co centro ocupacional da Asociación de Padres de Diminuídos Psíquicos, ASPADISOL, en Oleiros. Diego Calvo asinou un acordo co seu presidente, Juan Morlán, polo que a entidade recibirá 10.000 euros para o seu curso de xardinería. Trátase do curso máis relevante para os seus usuarios polas posibilidades que ofrece para a súa integración no mercado laboral e para integrarse na sociedade, xa que saen a realizar as labores fóra do centro. Pero tamén o máis custoso, por iso a achega provincial é tan relevante, xa que sufragará o 49% dos gastos do monitor, mantemento da maquinaria agrícola, así como do combustible utilizado para o traslado dos usuarios.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros