6 comentario/s - Envía a túa opinión
Un penalty no minuto 56 marcado por Dani Chinchón e a expulsión de Gordillo que deixou en inferioridade numérica ao equipo visitante, marcou o encontro da Preferente Autonomica de fútbol xogado esta tarde no campo Martínez Otero. Ao remate Foz 1 - O Val 0.
8 comentario/s - Envía a túa opinión
O Concello e os centros de ensino de Foz sumaránse á Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia pasado mañá xoves dia 29 ás oito da tarde. Cada instituto e escola representará un continente, e todos confluirán na glorieta de Vilalba. Organiza a protesta a ONG Mundo sen guerras.
5 comentario/s - Envía a túa opinión
Os responsables de Pesca das tres forzas parlamentarias expresaron en Radiofusiòn as súas expectativas sobre o proxecto dunha macropiscifactoría da empresa Pescanova no Cabo Touriñán (A Coruña), un compromiso ao que se opuxeran socialistas e nacionalistas e que o PP vén de retomar. A recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulando a licenza e a declaración de impacto ambiental dunha granxa acuícola en Rinlo (Lugo), nun espazo da Rede Natura, podería sentar un precedente contra a planta de Touriñán, tamén en zona restrinxida. Segundo José Manuel Balseiro, do partido no Goberno autonómico, os casos non son comparables e tanto Bruxelas como Madrid déronlle xa o visto bo.
7 comentario/s - Envía a túa opinión
A catedrática da Universidade de Santiago de Compostela Margarida Ledo sinala que o idioma galego é o que nos identifica como comunidade, seguramente a nosa gran construcción para a humanidade. Ledo denuncia o cambio da política aplicado dende a Xunta de Galicia, para pasar a excluir aos sectores galego-falantes, aos que aman á lingua.
8 comentario/s - Envía a túa opinión
Tres menores resultaron feridos este martes pola mañá en Lugo ao caer por un terraplén o autobús no que viaxaban. O sinistro, provocado por unha saída de vía cuxas causas se descoñecen polo momento, produciuse na LU-106, na estrada vella entre Romeán e Bascuas, no término municipal de Castroverde.