Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Cartel da excursión

O IESCHA trasládase á Costa da Morte o domingo

Sociedade 23/09/2009
  Envía a túa opinión

As paisaxes da costa da morte son a paraxe escollida polo Instituto de Estudios Chairegos (IESCHA) para a súa II Ruta “Por Galicia adiante - Andando a Terra”, que está programada para o vindeiro domingo, día 27 de setembro. Asi, todos aqueles que estean interesados en ollar por si mesmos as impresionantes vistas da Praia do Trece-Cabo Vilán, na comarca de Camariñas, poden dirixirse ao IESCHa para incribirse nesta actividade.


Edificio da sede de AZTI-Tecnalia, en Bilbao

O CETAL visita o centro bilbaíno AZTI-Tecnalia para coñecer a súa experiencia no tratamento dos soros dos queixos

Sociedade 22/09/2009
  Envía a túa opinión

O Plan de viabilidade para a recollida, transformación e comercialización do soro nas queixerías galegas, que está a comezar a súa segunda fase, deu un novo paso coa visita da directora técnica do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), Mercedes Corral, ao Centro Tecnolóxico Bilbaíno AZTI-Tecnalia. A intención da institución lucense era coñecer as instalacións e os traballos deste organismo bilbaíno sobre o aproveitamento dos soros dos queixos.


Cartel da exposición

Comezan as actividades da nova mostra do Museo Provincial de Lugo

Cultura 22/09/2009
  Envía a túa opinión

Hoxe, a partir das 19.30 horas, póñense en marcha as visitas comentadas á exposición do Museo Provincial de Lugo “Xoias Tradicionais do Museo Provincial de Lugo”  coa primeira das mesmas, a cargo da propia comisaria da mostra, Mª del Rosario Fernández González . Este servizo da institución cultural luguesa está dirixida a todos aqueles que teñan interese en acudir á exposición e obter información adicional.


A conca do Sil centrará a intervención de Pérez Bouza

A saturación da Conca Miño-Sil a debate na sesión de hoxe do Senado

Sociedade 22/09/2009
  Envía a túa opinión

O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, dirixirase na tarde de hoxe á ministra do Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) para preguntarlle polas medidas que o seu departamento vai adoptar respecto dos aproveitamentos hidroeléctricos en execución na conca do Miño-Sil, así como polas previsións futuras para os proxectos que están en fase de tramitación.


García-Leira e Mariño, durante a presentación da Escola Municipal de Teatro

A actriz Cristina Mariño dirixirá a Escola Municipal de Teatro de Vilalba

Cultura 18/09/2009
  Envía a túa opinión

A Escola Municipal de Teatro de Vilalba presentou o seu novo curso cunha nova cara. A actriz ferrolá Cristina Mariño substituíu á antiga profesora e responsable da Escola, Teresa Castro, co obxectivo de “consolidar o magnífico percorrido que estivo a levar a cabo a Escola ata o de agora”. O período de inscrición para este novo curso está xa aberto e durará ata o 15 de outubro, data na que se presentará cun espectáculo na Salón de Actos do Auditorio de Vilalba.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros