Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Cartel da exposición

A exposición “Lunares”, de Santiago Catalán, inaugúrase o venres en Vilalba

Cultura 24/08/2009
  Envía a túa opinión

O pintor e debuxante madrileño, Santiago Catalán, será o protagonista da exposición organizada polo Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba e que ten o título de “Lunares”. A mostra será inaugurada o vindeiro venres, 28 de agosto, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal de Vilalba e contará coa intervención de Paco Martín, Manolo roca e o propio artista.


Imaxe da presentación do FIV

Música ata o amencer en Vilalba

Cultura 18/08/2009
  Envía a túa opinión

O Festival Independente de Vilalba (FIV) achegará a mais de 2.000 persoas  na noite do vindeiro sábado 22 de agosto ata a Praza da Constitución da capital chairega. Desde as 22.00 horas ata as 05 horas da madrugada soarán os acordes de grupos tan dispares como The Pinker Tones, Cornelius ou Juan Rivas. Cada unha das bandas tocará preto dunha hora e rematarán a xornada os Dj Javier Rial, do coñecido local compostelán La Radio, e Lelé, pincha da Bujía de Vilalba.


Imaxe das obras que se están a levar a cabo na AG-64

A AG-64 pechará un carril ata decembro

Sociedade 14/08/2009
  Envía a túa opinión

A autovía AG-64 entre as localidades de Ferrol e Vilalba manterá un carril pechado de forma permanente de cada unha das calzadas no treito comprendido entre o punto quilométrico 35,7 e 36,6., segundo informou a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. O corte prolongarase por un período de catro meses, é dicir, ata mediados do mes de decembro.


Alcalde, patrocinadores, directiva e xogadores, posan diante do novo autobús

O Rácing levará a imaxe de Vilalba desde o autobús

Deportes 14/08/2009
  Envía a túa opinión

O Racing Vilalbés non ten que envexar a clubs como o Real Madrid ou o Barcelona. A lo menos en canto ao medio de transporte. Hoxe, nun pequeno acto na Praza da Constitución de Vilalba, presentouse o novo autobús do equipo chairego, que contará cunha rotulación especial onde se amosa o escudo do equipo verdivermello, así como o do seu espónsor, Lactalis, e da empresa propietaria do vehículo e que permitiu este cambio, Autos Llano.


Lugo pode sufrir a tala de 2.00 especies arbóreas

ADEGA denuncia que as obras da A-54 poden rematar con preto de 2.000 árbores en Lugo

Sociedade 14/08/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A organización ecoloxista ADEGA cifrou en 2.000 árbores autóctonas a tala prevista nas beiras do Miño e no rego de Vilamoure, dentro do municipio de Lugo, con motivo das obras para a futura autovía Lugo-Santiago. Esta actuación, que se atopa en exposición pública no propio Concello e no Ministerio de Medio Rural e Mariño, motivou a solicitude desta asociación ao organismo municipal e ás Consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente para que, por un lado, se leve a cabo o reconto de árbores cortadas e masas arbóreas afectadas para facer unha valoración da situación destas masas; e polo outro solicitar que se leve a cabo un inventario de elementos naturais a protexer, así como as medidas concretas para esa protección.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros