Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Oficina de Emprego en Ferrol

Medra o paro, ainda que menos que no 2008

Sociedade 02/09/2009
  Envía a túa opinión

O paro aumentou no mes de agosto, tal e como se agardaba, segundo os datos do Instituto Nacional de Emprego (Inem). En total, foron 2.382 persoas as que se sumaron ás listas de desemprego en Galiza, co que se superou a cifra dos 195 mil demandantes. Con este aumento, rompeuse a tendencia á baixa que se producira nos catro anteriores meses, segundo informa o xornal electrónico Vieiros.


Imaxe dunha das piscinas municipais de Vigo

Fumaban hachís e bañábanse de madrugada na piscina municipal

Sociedade 01/09/2009
  Envía a túa opinión

Os Museos e as bibliotecas teñen xa determinados horarios de apertura polas noites. Quizais os responsabeis das Corporacións deban estudar tamén a posibilidade de abrir o uso nocturno das piscinas municipais. Semella existir demanda para iso, á luz do sucedido esta madrugada en Vigo. A Policia Local sorprendeu a un grupo de 12 mozos e mozas que, tras forzar a porta, se bañaban na piscina do Carmen, na zona das Travesas. A un deles, os axentes intervíronlle sete barras de hachís cun peso superior aos 31 gramos.


Estado no que quedaron os pisos do edificio

Dous detidos polo incendio da rúa Jenaro de la Fuente en Vigo

Sociedade 27/08/2009
  Envía a túa opinión

A Policia Nacional detivo nas últimas horas a un xove de 18 anos e outro de 25, acusados de ser os autores do incendio desatado o pasado sábado no inmoble número 6 da rúa Jenaro de la Fuente de Vigo.  Ao parecer un dos detidos, J.J.D.E. de 25 anos, foi o que prendeu lume co seu mechero ás planchas de plástico das obras e permaneceu no lugar durante un intre para poder gravalo co seu móbil. Acompañáballe o outro detido, S.E.S., un mozo de 18 anos. Ambos son de Vigo e viven a escasos metros de onde se produciu o incendio.


O suceso produciuse no campo de Santa Mariña

Algo arde en Redondela

Sociedade 26/08/2009
  Envía a túa opinión

Un lume calcina unha furgoneta nas inmediacións do Campo de Santa Mariña. O incendio produciuse ás 21:36 horas de onte. A rápida intervención de Portección Civil non evitou que o vehículo quedase prácticamente destruído.


A Garda Civil investiga as causas que motivaron o comportamento do conductor de 21 anos

Un morto e 1 ferida de gravidade nun accidente esta mañá no Porriño

Sociedade 24/08/2009
  Envía a túa opinión

Un xove veciño de Mos de 21 anos morto e unha veciña de Redondela de 24 ferida grave é o resultado da colisión acaecida a primeiras horas desta mañá na autovia A-55 á altura do Porriño. Produciuse un choque frontal despois de que un dos vehículos circulase ao longo de 7 quilómetros en sentido contrario da circulación.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros