Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

O xgo da coca en Redondela presenta un aspecto reivindicativo

Xogando á coca en Redondela

Sociedade 10/09/2009
  Envía a túa opinión

Recuperar os xogos tradicionais de ambas comunidades así como fomentar o xogo interxeracional, colectivo e ao aire libre son algúns dos xogos que se organizarán o sábado dentro do programa da Foliada.


O humor suscita pregóns e museos

Michel Casado le o pregón da festa da chula de Moscoso

Sociedade 04/09/2009
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Moscoso (Pazos de Borbén Pontevedra) acolle este domingo día 6 a IX edición da festa da chula. Unha sobremesa típica galega que en tempos difíciles foi o principal sustento de moitas familias na zona que vivían do campo e que tiñan á súa disposición os produtos necesarios para a elaboración das chulas: ovos, leite, fariña de millo e algo de azucre. A masa que resulta destas mestura frítese en aceite, resultando unha sobremesa semellante á filloa pero máis grosa. Este domingo, e por noveno ano consecutivo, os veciños de Moscoso celebran esta festa gastronómica, na que os comensais ademais de chulas poderán degustar polbo, paella, churrasco, empanadas e queixos.


A Casa do Concello e o río

Galicia e Catalunya abrázanse en Redondela

Sociedade 03/09/2009
  Envía a túa opinión

Obradoiros de xabrón, xoguetes e reciclaxe, feiras de artesanía e produtos ecolóxicos, roteiros, concertos, exposicións... estas son tan só algunhas das actividades que se van desenvolver en Redondela con gallo da celebración da Foliada 09. Tres días de actividades continuadas que arrancarán o venres día 11 cun recibimento ás 150 persoas que chegarán a Redondela procedentes de Barcelona.Un intercambio cultural Galicia-Catalunya no que se pretende dar cabida a todos os que desexen participar e que pretende ademais mostrar e promover as expresións culturais menos coñecidas de ambos os dous territorios.


Oficina de Emprego en Ferrol

Medra o paro, ainda que menos que no 2008

Sociedade 02/09/2009
  Envía a túa opinión

O paro aumentou no mes de agosto, tal e como se agardaba, segundo os datos do Instituto Nacional de Emprego (Inem). En total, foron 2.382 persoas as que se sumaron ás listas de desemprego en Galiza, co que se superou a cifra dos 195 mil demandantes. Con este aumento, rompeuse a tendencia á baixa que se producira nos catro anteriores meses, segundo informa o xornal electrónico Vieiros.


Imaxe dunha das piscinas municipais de Vigo

Fumaban hachís e bañábanse de madrugada na piscina municipal

Sociedade 01/09/2009
  Envía a túa opinión

Os Museos e as bibliotecas teñen xa determinados horarios de apertura polas noites. Quizais os responsabeis das Corporacións deban estudar tamén a posibilidade de abrir o uso nocturno das piscinas municipais. Semella existir demanda para iso, á luz do sucedido esta madrugada en Vigo. A Policia Local sorprendeu a un grupo de 12 mozos e mozas que, tras forzar a porta, se bañaban na piscina do Carmen, na zona das Travesas. A un deles, os axentes intervíronlle sete barras de hachís cun peso superior aos 31 gramos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros