O 53 % dos traballadores do Sevizo Galego de Saúde da comarca de Ferrolterra secundaron a xornada de folga de 24 horas que foi convocada para o día de hoxe polos sindicatos CIG-Saúde, SAE e CIAS en defensa da calidade asistencial da sanidade pública. A folga, que comenzou ás cero horas do día de hoxe implica na comarca de Ferrol a máis de mil traballadores dos cales perto de 800 non acudiron hoxe aos seus postos de traballo. Os folguistas celebraron unha manifestación que partiu ás once da mañá do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol e percorreu tódolos centros da rede sanitaria de Ferrolterra: o Hospital Naval e o Novoa Santos.
O gaseiro “LNG Abuja” non cruzou finalmente a ría de Ferrol. Mália todo medio cento de persoas concentrárose esta tarde diante do edificio da Xunta de Galicia de Ferrol para denunciar a entrada deste buque, número 57 dende que empezou a funcionar a planta de Reganosa. A protesta foi convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, plataforma que agrupa a máis de 50 entidades locais, que levan 10 anos loitando contra a ubicación da planta de gas de no interior da ría ferrolá.
Coarenta e dous traballadores de edificios e lugares públicos do Concello de Narón participan dende hoxe nas xornadas de formación para o manexo dos equipos desfibriladores adquiridos polo concello. Os sete aparellos serán instalados, unha vez rematada a formación do persoal que será despois examinado pola Xunta de Galicia, no Pavillóns Polideportivo da Gándara,As Lagoas e A Solaina, nos campos de fútbol de O Cadaval e Rio Seco, no Concello, e no Pazo da Cultura.
Corenta músicos sobre o escenario interpretan pezas tradicionais galegas arranxadas para unha ampla variedade de instrumentos. Esta é a aposta de Sondeseu, que presenta un repertorio de folk galego e temas de autor seguindo as formas e ritmos propios da terra. Sondeseu representa a maior explosión de enerxía que se pode atopar en toda a península baixo a etiqueta de folk.
Asdúas Band, a Orquestra de Acordeóns da Escola Municipal de Meira e a Orquestra Lembranzas de Narón serán as protagonistas da III Xuntanza de Acordeonistas que se celebra este domingo 20 de decembro na Sociedade Liga de Amigos de Barallobre. O encontro tamén contará coa actuación do xoven acordeonista fenés de 12 anos, Serafín Santamariña. O acto comezará ás seis da tarde presentado por Tito de Valcarce, coñecido polos seus contacontos do programa Luar.